Francés
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Enviado por Xograr o Dom, 27/10/2019 - 08:37
PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
ACTIVIDADES

![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
CURSO 2013-14
Tres alumnos de ESO participan nun concurso de
posters en lingua francesa
Os alumnos Adrián No Pérez, de 1º ESO C, Brandan Corredoira Fernández, de 2º ESO B, e Alba Díaz Rodriguez, de 4º ESO B, resultaron seleccionados nos seus respectivos niveis para participar no concurso organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia.
Desta volta o alumnado tiña que preparar un poster en tamaño A3 sobre unha rexión de Francia, elexida libremente, mezclando textos en lingua francesa con dibuxos, fotos, recortes, etc. No noso instituto participaron numerosos alumnos de 1º, 2º e 4º ESO, que elaboraron notables traballos. As normas do concurso, que ten diversos premios pedagóxicos, non permitían mandar máis de 3 posters por centro escolar, resultando seleccionados os citados alumnos. Adrián No fixo un sobre a rexión de Alsace, Brandan Corredoira sobre Rhône-Alpes e Alba Díaz sobre Île de France.
CURSO 2013-14
Podedes ver unha serie de fotos da obra de teatro, da actividade de simulación e do grupo de alumnos participantes.
GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE
CURSO 2012-13
ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Un total de 27 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago proposta polo departamento de Francés.
A primeira parte da actividade consistía en entrevistarse con sarrianos e sarrianas que por razóns de índole diversa – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderan francés no seu momento e o empregan con asiduidade nas súas ocupacións laborais de tódolos días. Para ilo contouse coa colaboración de persoas de Cafetería Xuxú, Bar Camiño Francés, Hotel Alfonso IX CH, Hotel Vila de Sarria- OCA, Café Travesía dos Soños, e Oficina de Turismo de Sarria, que prestáronse a colaborar nesta tarefa de índole pedagóxico.
A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polos que fan este itinerario como son as estacións de bus e tren, os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar con eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lápis ou ben recurrir ás novas tecnoloxías, é dicir cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.
Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade realizada nunha época do ano na que os peregrinos empezan a encher o camiño, sendo estranxeiros boa parte deles

A LINGUA FRANCESA, EPICENTRO DUNHA ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Enviado por Xograr o Mar, 09/05/2017 - 08:3754 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria, proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o pasado venres 5 de maio.
Concurso de posters en Francés
Enviado por Xograr o Xov, 16/03/2017 - 10:46Como ven sendo habitual nos últimos cursos, a Asociación de Profesores de Francés de Galicia, en colaboración coa editorial Santillana, organiza un concurso de posters. Ditos posters son expostos nunhas xornadas de ensinantes desta lingua estranxeira que teñen lugar anualmente nun instituto de Santiago de Compostela.
No Xograr vimos participando nesta actividade con alumnos de 3º ESO en adiante. Desta volta o tema era un artista francófono, creando a partires deste eixo un poster en lingua francesa. Resultaron elixidos os traballos de Adrián No Pérez, Laura Tallos López e Verónica Vilar Fernández, todos eles de 4º ESO A. Os alumnos recibiron un pequeno agasallo por parte do Departamento de Francés e os seus traballos “pelexarán” cos dos restantes alumnos galegos que participan nesta actividade creativa.
Teatro en lingua francesa e actividades de simulación
Enviado por Xograr o Mér, 30/11/2016 - 17:32Cincuenta e un alumnos de Francés segunda lingua estranxeira dos cursos 3º e 4º de ESO, así como de 1º de Bacharelato do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acompañados de tres profesores, participaron nunha actividade lingüístico-cultural, proposta polo departamento de Francés. Desplazáronse a Lugo con este fin o pasado martes 29 de novembro, onde traballaron e pasaron unha divertida e compreta mañá nun día tipicamente outonal.
Escomezaron a xornada cunha actividade baseada nunha sinxela lista de preguntas de temática moi variada sobre Lugo e provincia, preguntas en lingua francesa que, unha vez traducidas, debían contestar coa axuda de viandantes, peóns, comerciantes, etc.
A segunda parte era a asistencia á representación teatral “Le Petit Prince”, adaptación da coñecidísima novela do escritor Antoine de Saint-Exupéry e pensada para un público da idade dos alumnos sarriaos. Unha obra teatral que se detía en todos os personaxes que configuran o texto do escritor nado en Lyon e que fai unha interesante reflexión sobre a vida e o ser humano.
Para rematar a completa matinal, proseguiron cunha actividade de simulación, que incluía tres itinerarios diferentes pola zona vella da vila das murallas. Distribuídos en dez grupos, contaban cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia. Así, os estudantes xograrinos tiñan que descubrir unha serie de pistas e poder responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares de
Actividade lingüística no camiño de Santiago
Enviado por Xograr o Mar, 08/11/2016 - 13:40Un total de 66 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, que cursan estudos de 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxetivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria, proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o 6 de maio do presente ano.
A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas cotidianas ocupacións laborais. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os rapaces e rapazas estudan no citado centro escolar. Para ilo contouse coa colaboración de Bar Camiño Francés, Restaurante Mesón Tapas, Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Hotel Vila de Sarria, Oficina de Turismo de Sarria, Paul de Samos, Albergue Internacional, J.Delbeau Productos Innovadores, Supermercado O Chanto Covirán e Café Travesía dos Soños, que prestáronse a axudar amablemente nesta tarefa con finalidade pedagóxica.
Teatro en francés representado por alumnos de 2º de Bacharelato
Enviado por Xograr o Xov, 31/03/2016 - 16:36
Deixando a un lado medos e temores, e sobre todo apostando por facer algo como é usar unha lingua estranxeira en público e para expresar un xénero literario. Foi o caso dos alumnos de 2ºde Bacharelato que atrevéronse a representar en francés dúas pequenas pezas teatrais adaptadas para un público estudiantil, celebrando deste xeito o Día do Teatro, que conmemorouse o pasado día 27 de marzo.
Tras diversos e compretos ensaios chegou o día da verdade para os “actores e actrices”. Ante eles un público formado por alumnos de francés do noso centro, neste caso de 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato. Así, representaron todos eles as pezas teatrais “La pause café” e “Le restaurant”, que foron do agrado dos asistentes e serviron para suliñar como unha lingua estranxeira, neste caso o francés, serve para moito, incluído para facer teatro.
