DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

 

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

 



ACTIVIDADES

 


UN POUCO DE SINXELA...CUISINE FRANÇAISE
 
...que tamén nos valeu como exercicio de lectura e comprensión en lingua estranxeira. Para rematar o curso os alumnos de Francés-2 de 1º Bacharelato baixaron á cociña para elaborar un sinxelo plato da cociña francesa. Tratábase do coñecido e popular "Croque Monsieur", un emparedado que contén xamón cocido, xamón serrano, queixo raiado e unha pasta a base de iema de ovo, nata e o citado queixo. Leeron e comprenderon a receta - que xuntamos - e fixeron cada un dos seus pasos, como mostran as imaxes. Por certo, parecen que o prato en si estaba bo, polas caras dos participantes nunha das imaxes
 
Bon appétit!!!
     
   
 

 


 CURSO 2013-14

Tres alumnos de ESO participan nun concurso de

posters en lingua francesa

 

Os alumnos Adrián No Pérez, de 1º ESO C, Brandan Corredoira Fernández, de 2º ESO B, e Alba Díaz Rodriguez, de 4º ESO B, resultaron seleccionados nos seus respectivos niveis para participar no concurso organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia.

 

Desta volta o alumnado tiña que preparar un poster en tamaño A3 sobre unha rexión de Francia, elexida libremente, mezclando textos en lingua francesa con dibuxos, fotos, recortes, etc. No noso instituto participaron numerosos alumnos de 1º, 2º e 4º ESO, que elaboraron notables traballos. As normas do concurso, que ten diversos premios pedagóxicos, non permitían mandar máis de 3 posters por centro escolar, resultando seleccionados os citados alumnos. Adrián No fixo un sobre a rexión de Alsace, Brandan Corredoira sobre Rhône-Alpes e Alba Díaz sobre Île de France.

 


 

CURSO 2013-14

TEATRO E ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN  PARA ALUMNOS DE FRANCÉS EN LUGO
 
Un total de 31 alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade proposta polo departamento de Francés do noso centro. Para ilo desprazáronse a Lugo, onde pasaron unha mañá enteira, soleada pero fría.
 
Por unha banda asistiron a representación dunha obra de corte clásico ambientada na Francia do século XVII. Era o caso dunha comedia do coñecido dramaturgo galo Molière, titulada "Tartuffe", adaptada para un público adolescente, e que trataba temas como a hipocresia, os matrimonios de conveniencia ou os falsos devotos entre outros.
 
E doutra, unha doble actividade de simulación. Traballando en grupos de 4/5 alumnos, cun material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os alumnos do Xograr debían ir descubrindo unha serie de pistas e respondendo a unha serie de preguntas, entregando ao final da matinal o resultado por escrito deste traballo colectivo.
 

Podedes ver unha serie de fotos da obra de teatro, da actividade de simulación e do grupo de alumnos participantes.


GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE


 

CURSO 2012-13 

 

 

ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Un total de 27 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago proposta polo departamento de Francés.

A primeira parte da actividade consistía en entrevistarse con sarrianos e sarrianas que por razóns de índole diversa – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderan francés no seu momento e o empregan con asiduidade nas súas ocupacións laborais de tódolos días.  Para ilo contouse coa colaboración de persoas de Cafetería Xuxú, Bar Camiño Francés, Hotel Alfonso IX CH, Hotel Vila de Sarria- OCA, Café Travesía dos Soños, e Oficina de Turismo de Sarria, que prestáronse a colaborar nesta tarefa de índole pedagóxico.

A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polos que fan este itinerario como son as estacións de bus e tren, os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar con eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lápis ou ben recurrir ás novas tecnoloxías, é dicir cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.

Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade realizada nunha época do ano na que os peregrinos empezan a encher o camiño, sendo estranxeiros boa parte deles



CURSO 2011-12
 
 
TEATRO E SIMULACIÓN PARA ALUMNOS DE FRANCÉS
 
Un total de 37 alumnos e alumnas do IES Xograr Afonso Gómez, que cursan Francés como segunda lingua estranxeira e que pertencen a 3º e 4º da ESO, así como a  1º e 2º de Bacharelato, desplazáronse a Lugo para participar en dúas pripostas organizadas polo seu departamento. Dunha banda unha actividade de simulación polos principais escearios do casco vello lucense, que consistía en traducir unha información facilitada en lingua francesa e ir respondendo unha serie de preguntas, todas elas  vinculadas co diversos temas culturais. E doutra asistir a unha representación teatral titulada "Bon Voyage" inspirada nas peripecias de tres adolescentes nunha viaxe por diversos países francófonos.