Último número de " Aquí e Agora"

Aquí e Agora 19

          

           Arriba e abaixo, branco e negro, estimas e queixas, papel ou electrónica, mel e fel, innovación ou tradición, todo semella dual e enfrontado no Aquí e Agora 19. Nada máis lonxe da realidade.

Neste trixésimo aniversario da caída do Muro de Berlín reflexionamos sobre os labirintos e as viravoltas da historia, que ás veces parecen repetirse, mais  non esquecemos que toda confrontación desaparece cando se poñen vontades por ámbalas partes.

Nós quixemos derrubar muros, rachar prexuízos e poñer pingas de paz, pingas de lembranza, pingas de igualdade, pingas de sabedoría científica, literaria ou artística para conseguirmos o que soñamos e perseguimos sempre no Xograr, un aquí e agora pleno de equidade, concordancia, respecto á diversidade…

 

Confiamos en conseguilo chanzo a chanzo, rubindo polas escaleiras da educación aínda que a remontada sexa fatigosa e nos pese nas costas a nosa mochila de aprendizaxe. AeA  sempre foi a meta.

 

 Ultreia xograrinos!...Et suseia!

 

Descarga AeA 19

A impresión da revista foi subvencionada polo Concello de Sarria

Distribuir contido