Skip to Content

Taboleiro

EDIXGAL 2024-2025

Poden consultar información sobre o proxecto neste enlace.

Servizo de soporte Premium:

Teléfono: 881 86 99 00

Email: soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp: 604 06 78 56

Telegram: @Serviciopremiumedixgal

 

Seguro opcional para o portátil: Se así o desexa, pode contratar un seguro anual (válido dende setembro de 2024 ata agosto de 2025), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.

O custe anual do devandito seguro é de 49€ (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse no seguinte teléfono: 881 505 136 ou polo correo coberturasir@plexus.es

 Díptico Informativo Cobertura

 

INICIO DO CURSO - PRESENTACIÓNS

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

MÉRCORES 11 DE SETEMBRO

  • ALUMNADO DA ESO:
    • Presentación ás 12:50hs.
    • Fin da xornada lectiva ás 14:30hs.
  • BACHARELATO:
    • Presentación ás 12:50hs.
  • CICLO APSD:
    • Presentación ás 13:00hs.

IMPORTANTE: O transporte escolar unicamente prestará servizo ao final da xornada lectiva (regreso ao fogar) polo que o alumnado deberá acudir ás presentacións polos seus propios medios. O servizo de comedor funcionará de xeito ordinario para todos os solicitantes.

Asignación de aulas e acceso ás mesmas:

1º ESO A (Aula 1 Edificio 2), 1º ESO B (Aula 2 Edificio 2), 1º ESO C (Aula 3 Edificio 2) - Acceso pola porta principal do edificio 2 (pasarela cuberta).

2º ESO A (Aula  4 Edificio 1), 2º ESO B (Aula 3 Edificio 1) - Acceso pola porta traseira do edificio 1 (pasarela cuberta).

3º ESO A (Aula 6 Edificio 1), 3º ESO B (Aula 7 Edificio 1) e 3º ESO PDC (Aula 8 Edificio 1) - Acceso pola porta traseira do edificio 1 (pasarela cuberta).

4º ESO A (Aula 4 Edificio 2), 4º ESO B (Aula 5 Edificio 2) e 4º ESO PDC (Aula 6 Edificio 2) - Acceso pola porta principal do edificio 2 (pasarela cuberta).

1º BAC A (Aula 9 Edificio 1), 1º BAC B (Aula 10 Edificio 1) e 1º BAC C (Aula 11 Edificio 1) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

2º BAC A (Aula 18 Edificio 1), 2º BAC B (Aula 17 Edificio 1) e 2º BAC C (Aula 16 Edificio 1) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

1º e 2º CM APSD (Aulas 20 e 21) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

Asignación de grupos: Poderá consultarse na aplicación abalarMóbil e nas portas de acceso ao centro o mesmo día de inicio das clases. Dita asignación non poderá ser modificada salvo causas excepcionais debidamente xustificadas.

Recepción aos pais/nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro: 13:00 hs. no Salón de Actos co director do centro.

Entrega dos equipos Edixgal (ordenadores) ao novo alumnado da ESO: unha vez finalizada a reunión de pais/nais (aproximadamente ás 13:15hs.) Os ordenadores só poderán ser entregados a algún dos responsables legais do alumnado (pai/nai/titor legal).

 

Libros de texto e material - Curso 2024-2025

Libros de texto e material da ESO:

Libros de texto de Bacharelato:

 

Fin de curso - Entrega de notas

ENTREGA DE NOTAS E DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA: Día 25 ás 13.30hs nas aulas de grupos.

RECOLLIDA DE ORDENADORES EDIXGAL (só alumnado que abandona o centro): día 18 (4ºESO) e 26 de xuño (resto de alumnado que abandona o centro).

REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS: 26 de xuño de 10.00hs. a 13.00hs.  O alumnado e os seus titores legais poderá solicitar as aclaracións que precise sobre as cualificacións da avaliación final, ou extraordinaria no caso de bacharelato.

RECLAMACIÓNS: 26 e 27 de xuño (ata as 14.00hs.). Se persiste o desacordo coa cualificación final ou coa decisión de promoción/titulación, o alumnado ou os seus titores legais poderán solicitar por escrito a revisión da cualificación e/ou a decisión de promoción/titulación.

RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS:  28 de xuño ás 13.00hs. na secretaría do centro.

RECLAMACIÓNS Á XEFATURA TERRITORIAL: Tras o proceso de revisión no centro, de persistir o desacordo, solicitude por escrito para que se eleve a reclamación á Xefatura Territorial. 1e 2 de xullo,  na secretaría do centro (9.00 a 14.00hs)

 

1º BACHARELATO - AVALIACIÓN ORDINARIA

Entrega de notas: no salón de actos o 10 de xuño de 2024 ás 18,00hs.

Atención ao alumnado (revisión de cualificacións): 11 de xuño - horario específico para cada profesor/a.

Reclamacións: 11 e 12 de xuño, ata as 14,00hs. na secretaría do centro previa consulta á dirección do centro.

Axudas material escolar. Curso 2024/2025

Prazo de presentación de solicitudes. ata o 21/06/2024

Dado que o centro forma parte do Proxecto E-Dixgal en toda a ESO para o curso 2024/25, non haberá fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde. Este centro facilitará ordenadores a todo o alumnado da ESO.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.

Prematrícula/reserva de opcións de matrícula

O alumnado poderá reservar as súas opcións de matrícula para o vindeiro curso cubrindo os seguintes formularios:

Alumnado de 1º ESO - Reserva de opcións para 2º ESO

Alumnado de 2º ESO - Reserva de opcións para 3º ESO

Alumnado de 3º ESO - Reserva de opcións para 4º ESO

Alumnado de 4º ESO - Reserva de opcións para 1º BAC

Alumnado de 1º BAC - Reserva de opcións para 2º BAC

 

Os datos recollidos nos formularios son provisionais. Unha vez rematado o curso procederase á matrícula definitiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut