Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto / Axudas de material

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para a compra de material escolar para o curso 2021/2022

Prazo de presentación de solicitudes: 21/05/2021 - 22/06/2021

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde. O noso centro participa no proxecto EDIXGAL en todos os cursos da ESO.

Este centro facilitará ordenadores a todo o alumnado da ESO e o seu fondo propio de libros de texto a aqueles que o soliciten no impreso de matrícula.

Información sobre o procedemento e solicitude na sede electrónica

Descarga do modelo de solicitude (Anexo I) e Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II - Obrigatorio: debe conter todas as sinaturas dos membros computables).

Información básica sobre as axudas e a súa tramitación

Orde fondo solidario (DOG) e Extracto

ABAU e acceso á universidade para o curso 2021-2022

Información importante sobre a ABAU e o proceso de acceso á universidade

Recoméndase a lectura do seguinte documento con información importante sobre as probas da ABAU (normas e instrucións) e sobre o proceso de preinscrición e formalización da matrícula na universidade.

Documento importante sobre a ABAU e o proceso de acceso á Universidade

Na páxina web da CIUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) podedes atopar toda a información referente ao acceso ao Sistema Universitario Galego:

Premios extraordinarios de bacharelato

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Solicitude de participación

Reserva de opcións de matrícula curso 2021-2022

Ata o 18 de maio, o alumnado xa matriculado no centro, e aquel que solicitou a admisión, poderá entregar a súa reserva de opcións de matrícula na secretaría do centro (de 8.30 a 14.30hs) ou no correo secretaria.xograr@gmail.com

Reservas para:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

2º BAC

Enquisa satisfacción E-Dixgal 2020/2021

Cando xa non queda moito para finalizar o curso 2020/2021, pregamos dediquedes uns minutos a encher o formulario de valoración do Proxecto E-Dixgal

ENQUISA

 

Generador de Códigos QR Codes

SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

XORNADA INFORMATIVA

VENRES, 5 DE MARZO ÁS 19,00HS

ENLACE REUNIÓN

 

 

 

Normativa de referencia

Calendario do proceso de reserva-admisión

Solicitude de Reserva online        Impreso

Solicitude de Admisión online       Impreso

Nota informativa e postos vacantes Admisión

Listaxe de reservas admitidas (pódense consultar no taboleiro do centro, debido a LOPD non poden ser expostas por este medio)

TODAS AS RESERVAS FORON ADMITIDAS

Solicitudes de admisión aceptadas 1º ESO

Solicitudes de admisión aceptadas 1º BAC

(Todas as solicitudes foron aceptadas, non se precisa de achega de documentación adiccional)

SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

RESERVA: Debe formalizala o alumnado de 6º de Primaria que cursa estudos nos centros adscritos ao IES Xograr Afonso Gómez; CEIP Frei Luís de Granada, CEIP Ricardo Gasset, CEIP de Samos e CEIP Eduardo Cela Vila. O prazo é do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro e entrégase no colexio de procedencia.

ADMISIÓN: Debe formalizala todo aquel alumnado que quere cambiar de centro ou cambia de etapa educativa a un centro ao que non está adscrito, é dicir, alumnado que está noutros colexios distintos dos mencionados no apartado de reserva. O prazo é do 1 ao 21 de marzo e entregarase no centro onde se queira solicitar admisión.

TRANSPORTE ESCOLAR: Ten dereito garantido o alumnado que procede dos centros adscritos. O resto do alumnado só no caso de que queden prazas baleiras e mediante solicitude excepcional.

 

 CARACTERÍSTICAS DA OFERTA EDUCATIVA

No IES Xograr Afonso Gómez pódese cursar a ESO, o Bacharelato de Ciencias, de Humanidades e de Ciencias Sociais, e o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

O centro é de liña 3 (3 grupos por curso), polo que actualmente as rateos dos grupos están arredor dos 20 alumnos por aula.

A dimensión do centro, e a diferenza cos centros de liña 1,  fai posible que se ofrezan todas as materias opcionais e distintas medidas de atención á diversidade como: apoios individualizados durante toda a ESO, agrupamentos flexibles de matemáticas e linguas en 1º e 2º da ESO, Programas de mellora do aprendizaxe e o rendemento en 2º e 3º da ESO, Matemáticas Académicas e Aplicadas en 3º da ESO, 4º da ESO de Ensinanzas Académicas e Aplicadas, a práctica totalidade das materias troncais de opción e específicas das distintas modalidades de bacharelato.

Aposta polos proxectos educativos de innovación cos seguintes programas en marcha:

EDIXGAL: Aposta por unha educación do século XXI na que se implantan os libros dixitais e metodoloxías máis innovadoras. Cesión dun ordenador a cada alumno de 1º e 2ª da ESO. (A Consellería anuncióu que no curso 21/22 se extenderá a 3º e 4º da ESO)

SECCIÓNS BILINGÜES: na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º da ESO, e na materia de Xeografía e Historia de 2º da ESO, para acadar unha maior competencia lingüística en Inglés.
CONTRATOS PROGRAMA e ARCO: Programa de reforzo das materias instrumentais para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e tamén 1º de BAC, que o precise, CON-VIVE, IGUALA-T, INCLÚE-T, EDUEMOCIONA, Promoción da actividade física no horario lectivo.

EDUCACIÓN RESPONSABLE (Centro graduado): Programa da Fundación Botín que busca favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, e promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros educativos.
SELO DE VIDA SAUDABLE: O centro obstenta desde o ano 2019 esta distinción do Ministerio de Educación que recoñece todas as iniciativas levadas a cabo no centro en prol da saúde.
OUTROS PROGRAMAS (e non menos importantes): Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ELBE2 (ebooks), Club Lector “O Xograr lector”, Club de letras, Radio Xograr, Revista escolar “Aquí e Agora”, Plans Proxecta, Froita na escola, Lácteos na escola, Programas de saúde (Centro cardioprotexido, RCP na aula, Doazón de órganos, Prevención do consumo de drogas, Prevención de enfermidades de transmisión sexual, etc), Coidemos o noso centro, Únome ao bo trato, etc.

 

XORNADA INFORMATIVA

Se aínda tedes dúbidas de por qué o Xograr é a mellor elección, teremos unha reunión virtual o venres 5 de marzo ás 19:00hs na que vos explicaremos a nosa oferta educativa e responderemos as vosas preguntas. ENLACE REUNIÓN

Se non poden asistir, habilitamos o seguinte teléfono para que nos plantexen as súas dúbidas: 982870806

 

Distribución de máscaras para o alumnado da ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde que regula a distribución de máscaras ao alumnado de ensinanzas obrigatorias que se pode consultar no portal educativo.

O alumnado beneficiario será o que tivese concedida a axuda de material escolar. Xa que eses datos xa se coñecen no centro, non haberá que presentar solicitude de novo e as máscaras seranlle entregadas ao alumnado polo procedemento que determine o centro.

Se algunha familia non presentou no seu momento a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar e reunía os requisitos, poderá presentar a solicitude de máscaras na secretaría do centro. O prazo para facelo é do 14 ao 27 de novembro.

Esperamos empezar co reparto de máscaras ao alumnado nesta mesma semana.

As máscaras facilitadas polo centro compren coas características esixidas pola convocatoria: máscaras hixiénicas reutilizables conformes á normativa UNE 0065

Ficha técnica das máscaras adquiridas polo centro

Novembro, tebro, noitebro...

COMUNICACIÓN DO CENTRO

Para tranquillidade de todos/as COMUNICAMOS que a información que sae na prensa indicando que no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria se ten comunicado un caso positivo por Sars-Cov-2 é rotundamente falsa.

Lóxicamente non somos inmunes, e como en todos os sitios, haberá casos, pero neste intre nin desde o centro comunicamos nin se nos comunicou ningún caso positivo nin de alumnado nin do persoal do centro.

Coidémonos todos/as!

INICIO DO CURSO - REUNIÓNS - PRESENTACIÓNS

REUNIÓNS COAS FAMILIAS (Patio Exterior do Instituto) - IMPORTANTE A ASISTENCIA DUN SÓ PROXENITOR

  • LUNS 21 DE SETEMBRO:

1º e 2º ESO reunión ás 16:00hs - Engrega de libros e ordenadores, se procede, ás 17:00hs.

1º BACHARELATO e 1º CM APSD reunión ás 18:30hs.

  •  MÉRCORES 23 DE SETEMBRO:

3º e 4º ESO, 2º BACHARELATO e 2º CM APSD reunión ás 18:30hs.

Declaración responsable (a entregar na reunión ou na presentación)

Enquisa de autoavaliación clínica COVID-19

Pregamos a presencia de un só dos proxenitores, sen acompañamento dos alumnos/as para evitar aglomeracións.

É moi importante esta reunión pois explicaremos todos os protocolos COVID-19 para o curso 2020-21

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

  • MÉRCORES 23 DE SETEMBRO:

1º e 2º ESO ás 8:40hs - toda a xornada lectiva - funcionará o transporte escolar e o comedor.

1º BACHARELATO e 1º CM APSD - presentación ás 12:30hs.

  • XOVES 24 DE SETEMBRO:

3º ESO ás 8:40hs - toda a xornada lectiva - funcionará o transporte escolar e o comedor.

2º BACHARELATO e 2º CM APSD - presentación ás 12:30hs.

  • VENRES 25 DE SETEMBRO:

4º ESO ás 8:40hs - toda a xornada lectiva - funcionará o transporte escolar e o comedor.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut