Skip to Content

Distribución de máscaras para o alumnado da ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde que regula a distribución de máscaras ao alumnado de ensinanzas obrigatorias que se pode consultar no portal educativo.

O alumnado beneficiario será o que tivese concedida a axuda de material escolar. Xa que eses datos xa se coñecen no centro, non haberá que presentar solicitude de novo e as máscaras seranlle entregadas ao alumnado polo procedemento que determine o centro.

Se algunha familia non presentou no seu momento a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar e reunía os requisitos, poderá presentar a solicitude de máscaras na secretaría do centro. O prazo para facelo é do 14 ao 27 de novembro.

Esperamos empezar co reparto de máscaras ao alumnado nesta mesma semana.

As máscaras facilitadas polo centro compren coas características esixidas pola convocatoria: máscaras hixiénicas reutilizables conformes á normativa UNE 0065

Ficha técnica das máscaras adquiridas polo centro

Novembro, tebro, noitebro...

COMUNICACIÓN DO CENTRO

Para tranquillidade de todos/as COMUNICAMOS que a información que sae na prensa indicando que no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria se ten comunicado un caso positivo por Sars-Cov-2 é rotundamente falsa.

Lóxicamente non somos inmunes, e como en todos os sitios, haberá casos, pero neste intre nin desde o centro comunicamos nin se nos comunicou ningún caso positivo nin de alumnado nin do persoal do centro.

Coidémonos todos/as!

Publicación da listaxe definitiva dos libros de texto adxudicados por FONDO LIBROS

O luns 14 de setembro publícase a listaxe definitiva de admitidos ao Fondo Solidario de Libros de Texto (3º e 4º da ESO). Poderedes consultala no recibidor do edificio principal e proceder á recollida dos libros adxudicados desde ese mesmo día solicitándoos na conserxería. Para recollelos deberá acudir ao centro o proxenitor que figura como solicitante.

Respecto aos libros de 1º e 2º da ESO pronto publicaremos a data de recollida, así como dos ordenadores Edixgal do alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro neses cursos.

Adiamento do inicio de curso

Como a maioría saberiades polos medios de comunicación, o inicio de curso adíase unha semana quedando do seguinte xeito:

- 23 de setembro: 1º ESO, 2º ESO, 1º BAC e 1º CICLOS

- 24 de setembro: 3º ESO, 2º BAC e 2º CICLOS

- 25 de setembro: 4º ESO

Pronto publicaremos nesta páxina web os horarios concretos así como as reunións que organizaremos coas familias.

Seguimos traballando para poder dar o mellor servizo educativo.

Máis información na seguinte ligazón

EXAMES DE SETEMBRO 2020

 

Durante as probas extraordinarias de setembro, o alumnado só poderá acceder ao centro para a realización da proba sen poder permanecer nel máis tempo do necesario. Así mesmo, só poderá dirixirse á aula en que terá lugar a proba extraordinaria seguindo en todo momento as indicacións relativas aos espazos de entrada e saída.

Deberanse respectar as seguintes normas:

  • Uso obrigatorio da máscara de protección en todo o recinto escolar.

  • Hixiene de mans ao acceder ao centro e de xeito frecuente. Dispensadores de solución hidro alcohólica nas entradas e en todas as aulas.

  • Manter a distancia de seguridade interpersoal (1.5 m).

  • Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material  con ningún dos seus compañeiros/as.

  • Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.

  • Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).

 

  • Días 1 e 2: Exames extraordinarios de ESO e BAC. (pincha no enlace para ver os horarios)

  • Día 3: Entrega de notas e consellos orientadores, recollida dos libros de texto e dos ordenadores EDIXGAL (só 2º da ESO) ás 17:00 horas.

  • Día 4: De 10:00 a 12:00 horas atención ao alumnado e as familias.

  • Días 4 e 7: De 09:00 a 14:00 horas reclamacións ás cualificacións na secretaría por parte dos/as responsables legais dos/as alumnos/as.

  • Día 9: Resolución das reclamacións ás 14:00hs. De continuar a disconformidade poderase solicitar que os expedientes de reclamación se remitan á xefatura territorial ata as 14:00hs do día 10.

  • Días 4, 7, 9 e 10: Matrícula do alumnado non matriculado en xuño-xullo. Horario de secretaría: de 8:30hs. a 14:30hs (preferentemente os días 4 e 7).

  • Día 10: Mercadiño libros bacharelato; deposito no centro dos libros para vender, ata o mércores 9 de setembro; compra de libros, o venres 11 de setembro entre as 16h30 e as 17h30, no salón de actos.

  • Día 11 e seguintes: Entrega de vales das axudas para compra de material.

  • Día 14: Publicación definitiva da listaxe de libros concedidos FONDO LIBROS.

  • Día 16: Comezo das clases.

  • Reparto de ordenadores (Edixgal 1º ESO) e libros do FONDO LIBROS: Unha vez comezadas as clases.

ADMISIÓN A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 25 de xuño ao 8 de xullo ás 13.00hs.

 

Prazos   

Oferta

Solicitudes

Instrucións_solicitude_web

Vídeo de axuda

Máis información

 

Tríptico

Atención a

Persoas en

Situación

de

Dependencia

 

 

 

 

 

 

Graduación moi especial

A pesar das difíciles circunstancias deste curso, a xeración do 2002 puido celebrar a súa graduación. O pasado venres vivimos un acto moi emotivo que permitiu festexar, coas debidas medidas de seguridade, a graduación como bachareles de 58 rapazas e rapaces que completaron os seus estudos no IES Xograr Afonso Gómez.
Deixámosvos aquí os seguintes enlaces das fotos, dos vídeos e tamén do texto co que a súa profesora de Lingua e Literatura Castelá os agasallou.
PARABÉNS E MOITA SORTE NO CAMIÑO QUE AGORA EMPRENDEDES

Admisión curso 20/21

Publicouse no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado admitido.

Todas as solicitudes recibidas foron admitidas ao ser por número inferior ao número de prazas que oferta o centro.

Fondo solidario de libros de texto /Axudas para material. Curso 2020/2021

Aberto o prazo para a solicitude do préstamo de libros de texto e axudas para a compra de material escolar para o curso 2020/2021

Prazo de presentación de solicitudes: 20/05/2020 -19/06/2020

Información sobre o procedemento e solicitude na sede electrónica

Descarga do modelo de solicitude

Información ás familias

Distribuir contido


by Dr. Radut