Fondo solidario de libros de texto e axudas para material. Curso 2019/2020

Aberto o prazo para a solicitude do préstamo de libros de texto e axudas para a compra de material escolar para o curso 2019/2020

Descarga da convocatoria

Descarga do modelo de solicitude

Información ás familias

Listaxe provisional de admitidos

IMPORTANTE: O alumnado de 1º e 2º da ESO non sae na lista provisional de admitidos por ser cursos EDIXGAl. Facilitaránselle os libros, directamente polo centro, na primeira semana de curso.

·        Data tope para a devolución dos libros adquiridos co vale ou prestados polo fondo do centro: 21 de xuño, agás os libros de materias pendentes que se devolverán antes do 6 de setembro.

·        Entrega dos VALES das axuda para adquisición de material escolar:

o   Alumnado que aprobou todo en xuño: a partir do 11 de xullo.

o   Resto do alumnado: a partir do 12 de setembro.

·        Publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas no Fondo Libros: 11 de xullo.

·        Reclamación sobre as listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación das listaxes.

·        Publicación das listaxes definitivas de Fondo Libros: 13 de setembro.

·        Entrega dos libros ao alumnado: a partir do 18 de setembro.

EXAMES DE SETEMBRO

SETEMBRO

 

  • Días 2 e 3: Exames extraordinarios de ESO e BAC. (pincha no enlace para ver os horarios)
  • Día 4: Entrega de notas e consellos orientadores, recollida dos libros de texto (fondo solidario da ESO) ás 19:00 horas nas respectivas titorías.
  • Día 5: De 10:00 a 12:00 horas atención ao alumnado e as familias.
  • Días 5 e 6: De 09:00 a 14:00 horas reclamacións ás cualificacións na secretaría por parte dos/as responsables legais dos/as alumnos/as.
  • Día 10: Resolución das reclamacións ás 09:30hs. De continuar a disconformidade poderase solicitar que os expedientes de reclamación se remitan á comisión de supervisión ata as 14:00hs do mesmo día.
  • Días 5, 6 e 10: Matrícula do alumnado non matriculado en xuño-xullo. Horario de secretaría: de 8:30hs. a 14:30hs. Os días 5 e 6 tamén de 16:30hs. a 19:30hs.
  • Día 10: Mercadiño libros bacharelato de 16,30 a 17,30hs
  • Día 12 e seguintes: Entrega de vales das axudas para compra de material.
  • Día 13: Publicación definitiva da listaxe de libros concedidos FONDO LIBROS.
  • Día 16: Comezo das clases.
  • Reparto de libros do FONDO LIBROS: Unha vez comezadas as clases.

Aquí e Agora 19

          

           Arriba e abaixo, branco e negro, estimas e queixas, papel ou electrónica, mel e fel, innovación ou tradición, todo semella dual e enfrontado no Aquí e Agora 19. Nada máis lonxe da realidade.

Neste trixésimo aniversario da caída do Muro de Berlín reflexionamos sobre os labirintos e as viravoltas da historia, que ás veces parecen repetirse, mais  non esquecemos que toda confrontación desaparece cando se poñen vontades por ámbalas partes.

Nós quixemos derrubar muros, rachar prexuízos e poñer pingas de paz, pingas de lembranza, pingas de igualdade, pingas de sabedoría científica, literaria ou artística para conseguirmos o que soñamos e perseguimos sempre no Xograr, un aquí e agora pleno de equidade, concordancia, respecto á diversidade…

 

Confiamos en conseguilo chanzo a chanzo, rubindo polas escaleiras da educación aínda que a remontada sexa fatigosa e nos pese nas costas a nosa mochila de aprendizaxe. AeA  sempre foi a meta.

 

 Ultreia xograrinos!...Et suseia!

 

Descarga AeA 19

A impresión da revista foi subvencionada polo Concello de Sarria

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

Información xeral de admisión

Oferta de FP

Prazos do proceso de admisión

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria oferta o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ciclo cunha extraordinaria inserción laboral.

 

 

Graduación 2º de bacharelato 2019

Para os queirades desfrutar unha vez máis do fermoso acto de graduación do pasado venres,24 de maio, deixámosvos os seguintes enlaces:

 Album de fotos

 Vídeo do acto

 Parabéns aos homenaxeados e os nosos mellores desexos para o seu futuro!

 

 

SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/2020

Normativa de referencia

Calendario do proceso de reserva-admisión

Nota informativa e postos vacantes

Listaxe de reservas admitidas

Solicitudes de admisión aceptadas 1º ESO

Solicitudes de admisión aceptadas 1º BAC

SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/2020

RESERVA: Debe formalizala o alumnado de 6º de Primaria que cursa estudos nos centros adscritos ao IES Xograr Afonso Gómez; CEIP Frei Luís de Granada, CEIP Ricardo Gasset, CEIP de Samos e CEIP Eduardo Cela Vila. O prazo é do 1 ao 15 de febreiro e entrégase no colexio de procedencia.

ADMISIÓN: Debe formalizala todo aquel alumnado que quere cambiar de centro ou cambia de etapa educativa a un centro ao que non está adscrito, é dicir, alumnado que está noutros colexios distintos dos mencionados no apartado de reserva. O prazo é do 1 ao 20 de marzo e entregarase no centro onde se queira solicitar admisión.

TRANSPORTE ESCOLAR: Ten dereito garantido o alumnado que procede dos centros adscritos. O resto do alumnado só no caso de que queden prazas baleiras e mediante solicitude excepcional.

 

 CARACTERÍSTICAS DA OFERTA EDUCATIVA

No IES Xograr Afonso Gómez pódese cursar a ESO, o Bacharelato de Ciencias, de Humanidades e de Ciencias Sociais, e o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

O centro é de liña 3 (3 grupos por curso), polo que actualmente as rateos dos grupos están arredor dos 20 alumnos por aula.

A dimensión do centro, e a diferenza cos centros de liña 1,  fai posible que se ofrezan todas as materias opcionais e distintas medidas de atención á diversidade como: apoios individualizados durante toda a ESO, agrupamentos flexibles de matemáticas e linguas en 1º e 2º da ESO, Programas de mellora do aprendizaxe e o rendemento en 2º e 3º da ESO, Matemáticas Académicas e Aplicadas en 3º da ESO, 4º da ESO de Ensinanzas Académicas e Aplicadas, a práctica totalidade das materias troncais de opción e específicas das distintas modalidades de bacharelato.

Aposta polos proxectos educativos de innovación cos seguintes programas en marcha:

1.  EDIXGAL: Aposta por unha educación do século XXI na que se implantan os libros dixitais e metodoloxías máis innovadoras. Cesión dun ordenador a cada alumno de 1º e 2ª da ESO.

2.  SECCIÓNS BILINGÜES: na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º da ESO, para acadar unha maior competencia lingüística en Inglés.

3.  CONTRATOS PROGRAMA: Programa de reforzo das materias instrumentais para o alumnado de 1º e 2º da ESO que o precise, Reforzo das materias de Ciencias para o alumnado de 3º e 4º da ESO, Programa para a mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

4.  EDUCACIÓN RESPONSABLE: Programa da Fundación Botín que busca favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, e promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros educativos.

5.  OUTROS PROGRAMAS (e non menos importantes): Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ELBE2 (ebooks), Club Lector “O Xograr lector”, Radio Xograr, Revista escolar “Aquí e Agora”, Plans Proxecta (Apuntámonos a non beber, Meteoescolas, Quérote +, Fotografía en curso, Froita na escola, lácteos na escola), Programas de saúde (Centro cardioprotexido, RCP na aula, Doazón de órganos, Prevención do consumo de drogas, Prevención de enfermidades de transmisión sexual, etc), Coidemos o noso centro, Únome ao bo trato, etc.

6.  TokkApp School: usamos esta aplicación de mensaxería para tervos informados en todo momento e de xeito inmediato.

 

XORNADA INFORMATIVA

Se aínda tedes dúbidas de por qué o Xograr é a mellor elección, teremos unha reunión o martes 5 de febreiro ás 19:00hs na que vos amosaremos as instalacións e responderemos as vosas preguntas.

Titorías

As citas de titoría solicitaranse cunha semana de antelación para que os profesores podan recabar a información necesaria. Pódense pedir tanto por mediación do alumnado como por teléfono no número: 982870801

 

RELACIÓN DE TITORES do curso 2018-2019

 

 

 

HORARIO DE TITORÍA DE TODO O PROFESORADO

 

 

INICIO DO CURSO

Luns 17 ás 12:50 hs. - Presentación de todos os cursos nas aulas respectivas cos seus titores/as. Os pais e nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao Centro que o desexen serán recibidos polo Director no Salón de Actos á mesma hora.

As listaxes de asignación aos distintos grupos exporanse nas portas de entrada 1 hora antes da presentación.

As listaxes provisionais de admitidos ao comedor publicaranse o día 12 de setembro, abríndose de seguido un prazo de 5 días para a presentación de alegacións. Os/as alumnos/as admitidos poden usar o comedor desde o primeiro día. 

Haberá servizo de transporte coa antelación necesaria para a presentación e no horario de saída habitual.

 

Martes 18:

 Comezo das actividades lectivas e horario:
    
ESO e BAC

De Luns a Xoves: 8:40 a 14:30 hs. Venres: 8:40 a 14:15 hs

 CICLO

     Luns e Martes: 8:30 a 15:10 hs.  Mércores, Xoves e Venres: 8:30 a 14:45 hs.

 

Libros de texto e vales de material:

Os vales para a compra de material escolar xa están dispoñibles na conserxería do edificio principal.

Os libros de texto do Fondo Solidario repartiranse ao longo da semana directamente ao alumnado, que deberá devolver o documento de entrega asinado.

Distribuir contido