Admisión alumnado
ADMISIÓN A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Enviado por jomavalo o Dom, 30/08/2020 - 06:24Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 25 de xuño ao 8 de xullo ás 13.00hs.
Proceso de admisión de alumnado
Enviado por Xograr o Dom, 15/03/2020 - 18:34Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2020/2021
Enviado por Xograr o Ven, 31/01/2020 - 04:18Calendario do proceso de reserva-admisión
Solicitude de Reserva online Impreso
Solicitude de Admisión online Impreso
Nota informativa e postos vacantes Admisión
Listaxe de reservas admitidas (pódense consultar no taboleiro do centro, debido a LOPD non poden ser expostas por este medio)
Solicitudes de admisión aceptadas 1º ESO (pendente de publicación)
Solicitudes de admisión aceptadas 1º BAC (pendente de publicación)
SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
RESERVA: Debe formalizala o alumnado de 6º de Primaria que cursa estudos nos centros adscritos ao IES Xograr Afonso Gómez; CEIP Frei Luís de Granada, CEIP Ricardo Gasset, CEIP de Samos e CEIP Eduardo Cela Vila. O prazo é do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro e entrégase no colexio de procedencia.
ADMISIÓN: Debe formalizala todo aquel alumnado que quere cambiar de centro ou cambia de etapa educativa a un centro ao que non está adscrito, é dicir, alumnado que está noutros colexios distintos dos mencionados no apartado de reserva. O prazo é do 1 ao 20 de marzo e entregarase no centro onde se queira solicitar admisión.
TRANSPORTE ESCOLAR: Ten dereito garantido o alumnado que procede dos centros adscritos. O resto do alumnado só no caso de que queden prazas baleiras e mediante solicitude excepcional.
CARACTERÍSTICAS DA OFERTA EDUCATIVA
No IES Xograr Afonso Gómez pódese cursar a ESO, o Bacharelato de Ciencias, de Humanidades e de Ciencias Sociais, e o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
O centro é de liña 3 (3 grupos por curso), polo que actualmente as rateos dos grupos están arredor dos 20 alumnos por aula.
A dimensión do centro, e a diferenza cos centros de liña 1, fai posible que se ofrezan todas as materias opcionais e distintas medidas de atención á diversidade como: apoios individualizados durante toda a ESO, agrupamentos flexibles de matemáticas e linguas en 1º e 2º da ESO, Programas de mellora do aprendizaxe e o rendemento en 2º e 3º da ESO, Matemáticas Académicas e Aplicadas en 3º da ESO, 4º da ESO de Ensinanzas Académicas e Aplicadas, a práctica totalidade das materias troncais de opción e específicas das distintas modalidades de bacharelato.
Aposta polos proxectos educativos de innovación cos seguintes programas en marcha:
1. EDIXGAL: Aposta por unha educación do século XXI na que se implantan os libros dixitais e metodoloxías máis innovadoras. Cesión dun ordenador a cada alumno de 1º e 2ª da ESO.
2. SECCIÓNS BILINGÜES: na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º da ESO, e na materia de Xeografía e Historia de 2º da ESO, para acadar unha maior competencia lingüística en Inglés.
3. CONTRATOS PROGRAMA e ARCO: Programa de reforzo das materias instrumentais para o alumnado de 1º e 4º da ESO que o precise, Programa para a mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
4. EDUCACIÓN RESPONSABLE (Centro graduado): Programa da Fundación Botín que busca favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, e promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros educativos.
SS SELO DE VIDA SAUDABLE: O centro obstenta desde o ano 2019 esta distinción do Ministerio de Educación que recoñece todas as iniciativas levadas a cabo no centro en prol da saúde.
5. OUTROS PROGRAMAS (e non menos importantes): Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ELBE2 (ebooks), Club Lector “O Xograr lector”, Club de letras, Radio Xograr, Revista escolar “Aquí e Agora”, Plans Proxecta, Froita na escola, Lácteos na escola, Programas de saúde (Centro cardioprotexido, RCP na aula, Doazón de órganos, Prevención do consumo de drogas, Prevención de enfermidades de transmisión sexual, etc), Coidemos o noso centro, Únome ao bo trato, etc.
XORNADA INFORMATIVA
Se aínda tedes dúbidas de por qué o Xograr é a mellor elección, teremos unha reunión o luns 1 de febreiro ás 19:00hs na que vos amosaremos as instalacións e responderemos as vosas preguntas.
ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS
Enviado por Xograr o Sáb, 08/06/2019 - 14:31O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria oferta o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ciclo cunha extraordinaria inserción laboral.
Admisión de novo alumnado para o curso 2017/2018
Enviado por Xograr o Sáb, 04/03/2017 - 14:13
CALENDARIO DE RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA ESO E BAC - CURSO 2017/2018 |
|
Reserva de praza (para os centros adscritos) Modelo ED550A |
Do 1 ao 15 de Febreiro |
Publicación de listaxes de admitidos e excluidos (para os centros adscritos) |
Antes do 28 de febreiro de 2017 |
Publicación de vacantes |
Antes do 1 de marzo de 2017 |
Presentación solicitude admisión (para o resto) |
Do 1 ao 20 de marzo de 2017 |
Presentación documentación xustificativa |
Do 23 de Marzo ao 5 de Abril |
Publicación das listaxes provisionais admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de Abril |
Reclamacións ás listas provisionais |
5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación |
Publicación das listaxes definitivas |
Antes do 15 de Maio |
Recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial |
Un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación |
Formalización da matrícula en ESO e BAC |
Do 25 de Xuño ao 10 de Xullo |
Prazo extraordinario de matrícula ESO e BAC |
Do 1 ao 10 de Setembro |
