Novas

INICIO DO CURSO

Luns 17 ás 12:50 hs. - Presentación de todos os cursos nas aulas respectivas cos seus titores/as. Os pais e nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao Centro que o desexen serán recibidos polo Director no Salón de Actos á mesma hora.

As listaxes de asignación aos distintos grupos exporanse nas portas de entrada 1 hora antes da presentación.

As listaxes provisionais de admitidos ao comedor publicaranse o día 12 de setembro, abríndose de seguido un prazo de 5 días para a presentación de alegacións. Os/as alumnos/as admitidos poden usar o comedor desde o primeiro día. 

Haberá servizo de transporte coa antelación necesaria para a presentación e no horario de saída habitual.

 

Martes 18:

 Comezo das actividades lectivas e horario:
    
ESO e BAC

De Luns a Xoves: 8:40 a 14:30 hs. Venres: 8:40 a 14:15 hs

 CICLO

     Luns e Martes: 8:30 a 15:10 hs.  Mércores, Xoves e Venres: 8:30 a 14:45 hs.

 

Libros de texto e vales de material:

Os vales para a compra de material escolar xa están dispoñibles na conserxería do edificio principal.

Os libros de texto do Fondo Solidario repartiranse ao longo da semana directamente ao alumnado, que deberá devolver o documento de entrega asinado.

ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA SOBRE O USO DO MÓBIL

Estimados país/nais:

 O progresivo aumento no uso de dispositivos electrónicos entre os membros da comunicade educativa está a ocasionar distorsións significativas na actividade educativa dos centros escolares.  O Decreto 8/2015 que desenvolve a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, establece no seu artigo 19.4 que as Normas de Organización e Funcionamento dos centros (NOF) deben recoller: “Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxi­ca."
 
Ademais das cuestións legais, o centro considera que as normas de utilización dos móbiles deben ser clarificadas e coñecidas pola comunidade educativa, polo que, o Claustro de Profesores e o Consello Escolar aprobaron actualizar as NOF do Centro nos seguintes termos:

Coas medidas  anteriores, que agardamos  compartades, tentamos adaptarnos aos tempos e evitar usos non axeitados destes dispositivos que poderían afectar á normal convivencia ou carrexar sancións non desexadas.

SETEMBRO 2017

  • Entrega de notas de setembro: Luns, día 5 ás 17:00hs nas aulas respectivas.
  • Devolución dos libros adquiridos coas axudas da Xunta: Luns, día 5, xunto coa entrega de notas. En todo caso deberán ser devoltos antes do día 7 senón perderase o dereito ás axudas do curso 16/17.
  • Matrícula: o alumnado que non se matriculou en xuño-xullo deberá facelo os días 6, 7 e 9 de setembro de 8:30 a 14:30hs. Prégase que eviten as horas centrais da mañá para evitar colas.
  • Mercadiño de libros de 1º de BAC: 12 de setembro ás 17:00hs. (compra-venda de libros de texto entre alumnos entrantes e saíntes en 1º de BAC).
  • Fondo Solidario de Libros de Texto: o 15 de setembro publícase a lista definitiva  de admitidos e excluídos, cos libros adxudicados a cada alumno (1º e 3º da ESO).
  • Vales para a adquisición de libros de texto e material escolar: o alumnado que tiña exames de setembro poderá recollelos a partir do día 12 na conserxería do centro.
  • Comezo das clases: xoves, 15 de setembro, ás 12:50hs. Haberá servizo de transporte e comedor escolar.
  • Reunión informativa: Os pais cuxos fillos se incorporen por primeira vez ao centro (1ºESO e 1ºBAC) serán recibidos polo director no salón de actos ás 13:00hs.
Distribuir contido