Skip to Content

Novas

SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

RESERVA: Debe formalizala o alumnado de 6º de Primaria que cursa estudos nos centros adscritos ao IES Xograr Afonso Gómez; CEIP Frei Luís de Granada, CEIP Ricardo Gasset, CEIP de Samos e CEIP Eduardo Cela Vila. O prazo é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro e poderase realizar nalgunha das seguintes formas:

ADMISIÓN: Debe formalizala todo aquel alumnado que quere cambiar de centro ou cambia de etapa educativa a un centro ao que non está adscrito, é dicir, alumnado que está noutros colexios distintos dos mencionados no apartado de reserva. O prazo é do 1 ao 20 de marzo e entregarase no centro onde se quere solicitar admisión.

TRANSPORTE ESCOLAR: Ten dereito garantido o alumnado que procede dos centros adscritos. O resto do alumnado poderá usalo gratuítamente coa tarxeta xente nova.

COMEDOR ESCOLAR: O número de prazas foi medrando nos últimos anos podendo atender sempre todas as solicitudes.

 CARACTERÍSTICAS DA OFERTA EDUCATIVA

No IES Xograr Afonso Gómez pódese cursar a ESO, o Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, o Bacharelato Xeral e o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

O centro é de liña 3 (3 grupos por curso), polo que actualmente as rateos dos grupos están arredor dos 20 alumnos por aula.

O feito de ser un centro de liña 3 fai posible que se ofrezan todas as materias opcionais e distintas medidas de atención á diversidade como: apoios individualizados durante toda a ESO, agrupamentos flexibles de matemáticas e linguas en 1º e 2º da ESO, Programa de Diversificación Curricular en 3º e 4º da ESO, todos os itinerarios de 4º da ESO, 4 modalidades de Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades, Ciencias Sociais e Xeral) e a práctica totalidade das materias de modalidade e optativas dos distintos bacharelatos.

Aposta polos proxectos educativos de innovación cos seguintes programas en marcha:

EDIXGAL: Aposta por unha educación do século XXI na que se implanta unha metodoloxía activa que ten como centro ao alumnado. Cesión dun ordenador a cada alumno da ESO.

POLOS CREATIVOS: somos un dos centros pioneiros na súa implantación en Galicia. Os Polos Creativos son espazos de innovación educativa nos que se traballan as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía e Matemática), a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades. Para iso cóntase con espazos específicos e a dotación de equipamento especializado como robots, equipamento audiovisual de última xeración, tabletas, gafas de realidade virtual, impresoras e escaner 3D, cortadora laser, paneis dixitais, etc.

SECCIÓNS BILINGÜES: na materia de Xeografía e Historia de 1º a 3º da ESO, para acadar unha maior competencia lingüística en Inglés.

CONTRATOS PROGRAMA e PROA+: Programa de reforzo das materias instrumentais para o alumnado que o precise, CONVÍVE-T, IGUÁLA-T, INCLÚE-T, EDUEMOCIÓNA- T, EDUsaúde e EDUsostibilidade

EDUCACIÓN RESPONSABLE (Centro graduado): Programa da Fundación Botín que busca favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, e promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros educativos.

SELO DE VIDA SAUDABLE: O centro obstenta desde o ano 2019 esta distinción do Ministerio de Educación que recoñece todas as iniciativas levadas a cabo no centro en prol da saúde.

OUTROS PROGRAMAS (e non menos importantes): Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ELBE2 (ebooks), Club Lector “O Xograr lector”, Club de ciencias, Cinema na Aula, Observa Acción, Radio Xograr, Revista escolar “Aquí e Agora”, Plans Proxecta, Programas de saúde (Centro cardioprotexido, RCP na aula, Doazón de órganos, Prevención do consumo de drogas, Prevención de enfermidades de transmisión sexual, Programa YAM, etc), Coidemos o noso centro, Únome ao bo trato, etc.

RECOÑECEMENTOS NOS ÚLTIMOS ANOS

  • Proxectos de saúde e sostibilidade 2019: premio ECOVALEDOR outorgado por SOGAMA, polo compromiso do centro co medio ambiente pero, sobre todo, coa educación en valores, que vai máis aló do ámbito académico inculcando a importancia da limpeza, a orde, o civismo, a empatía e a solidaridade.
  • Premio Boas Prácticas en Educación Inclusiva 2020: 1º premio polo proxecto "Diferentes pero Iguais" e distinción de Centro Inclusivo.
  • Proxectos de saúde e sostibilidade 2022: distinción prata no programa europeo STARS polo proxecto "En bici ao Xograr", e 1º premio no concurso autonómico Xeración ECO.
  • Premio boas prácticas en Educación Inclusiva 2023: 1º premio polo proxecto "Descubrindo capacidades, adestrando habilidades" e distinción de Centro Inclusivo.
  • Participación no Congreso Observa-Acción 2023 como centro referente de boas prácticas.
  • Participación no Congreso Internacional Benestar Emocional e Convivencia 2023 como centro referente de boas prácticas.
  • Participación no Congreso Contratos-Programa 2023 como centro referente de boas prácticas polo programa EduSaúde.

XORNADAS INFORMATIVAS

Teremos unha primeira xornada informativa para o primeiro prazo de reserva o día 22 de xaneiro ás 16.00hs.

Xornada informativa prazo admisión 6 de marzo ás 17.00hs..

Se aínda tedes dúbidas, ou non puidestes asistir, podedes solicitarnos unha entrevista/visita na que vos explicaremos a nosa oferta educativa e responderemos as vosas preguntas.

 

Calendario de Reservas e Admisión

Máis información, normativa e anexos de solicitude

 

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2024

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

  https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Preme para consultar o cartel informativo

PROGRAMA YAM - YOUTH AWARE OF MENTAL HEALTH

YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que aprende e debate sobre saúde mental, que se implantará en todos os centros educativos de Galicia nos vindeiros anos e se inicia no curso 20232-2024 nunha serie de centros seleccionados.

No curso actual o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria foi seleccionado como grupo control para participar no programa YAM co alumnado de 3º da ESO polo que o martes 16 de xaneiro ás 17.30hs terá lugar unha sesión informativa a cargo do persoal de dito programa no Salón de Actos do Centro para as familias do alumnado de 3º da ESO.

Nas seguintes ligazóns teñen toda a información relativa ao programa YAM.

Cartaz

Díptico

Web programa YAM

Folla informativa para proxenitores

Consentimento informado

Consentimento para envío de datos a FSE (Fondo Social Europeo)

Resolución de dúbidas no enderezo electrónico: yam@sergas.es

Probas de nivel lingüístico alumnado de 4º ESO e Bacharelato

Publicada a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/24 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), segundo corresponda.

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollidas no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso 2023/24

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios transparentes, públicos e obxectivos dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira

Todos os centros solicitantes que cumpran cos criterios de participación indicados na resolución serán seleccionados. Os centros non poderán percibir unha asignación superior ao número total de alumnado interesado

Co fin de identificar ao alumnado susceptible de participar nas probas precisamos que, no caso de estar interesados na  convocatoria que se informa, devolvan asinado o seguinte compromiso de participación.

Compromiso de participación alumnado

Presentar na Secretaría do centro. Data límite para a presentación: 30 de outubro de 2023.

Solicitude Comedor

Xa está dispoñible o modelo de solicitude de praza no comedor escolar coa correspondente autodeclaración de prezos.

Deberase entregar no centro antes do 31 de xullo.

Modelo

Becas e axudas para estudos postobrigatorios

A convocatoria de becas dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico para o curso 2023/2024.

Prazo de presentación: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ás 24.00 horas, ambos inclusive.

As solicitudes de beca deberán presentarse, en todo caso, no prazo indicado no parágrafo anterior, aínda que dito prazo non coincida co prazo de matrícula correspondente.

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde está toda a información sobre as becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Actualización dos Criterios de Promoción e Titulación

Despois da publicación dos decretos de curriculum, Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, procede a modificación dos criterios de promoción e titulación para o curso escolar 2022/2023 e seguintes, e coa concreción adoptada polo claustro deste centro o 21 de novembro de 2022.

Concreción curricular - Criterios de promoción e titulación

Eleccións ao Consello Escolar

Convocada a renovación parcial dos membros do Consello Escolar pola Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Unha vez constituída a Xunta Electoral, fanse públicas as convocatorias de cada sector co calendario electoral e os censos electorais:

Convocatoria alumnado

Convocatoria pais, nais, responsables legais

Convocatoria profesorado

Censo electoral (publicados únicamente nos taboleiros do interior do centro)

CALENDARIO:

  • Presentación de candidaturas, do 2 ao 16 de novembro, de 8,30 a 14,30hs (na secretaría do centro).
  • Proclamación de candidatos e inicio da campaña electoral: 21 de novembro.
  • Fin da campaña electoral: 25 de novembro
  • Eleccións: 28 de novembro nos seguintes horarios,
    • Alumnado, de 9:00 a 14:00hs.
    • Pais, nais, responsables legais, de 8:30 a 14:30hs.
    • Profesorado, segundo determine o claustro.
  • Proclamación dos candidatos electos: 29 de novembro.

En bici ao Xograr

Poñemos en marcha o servizo de préstamo de bicicletas.

O alumnado interesado en solicitar o préstamo dunha bicicleta deberá ler atentamente as normas de utilización e os seus responsables legais deberán cubrir a solicitude e entregala na vicedirección do centro.

O préstamo será por un periodo dun mes, renovable en función da dispoñibilidade.

 

 Información e préstamo de bicis

Distribuir contido


by Dr. Radut