Skip to Content

Cualificacións da 2ª avaliación

Prezadas familias, o venres 3 de abril, a partir das 15:00 horas, publicaranse as cualificacións do segundo trimestre.

Teredes aceso a elas de dous xeitos:

  •  Abalar móbil. Se descargastes a aplicaciónnun dos teléfonos que tedes comunicado ao centro.
  • TokappSchool. Recibiredes unha mensaxe coa comunicación das cualificacións, pola app, correo electrónico ou sms.

Se algunha familia non recibira as cualificacións debe comunicarllo ao centro que artellará outro medio de información.

As circunstancias excepcionais que estamos a vivir esixiron nalgúns casos revisións das programacións que poderán ser consultadas nas addendas dispoñibles no bloque relativo aos departamentos.

As posibles dúbidas e consultas poden dirixirse ás titorías ou ao resto do profesorado nos correos electrónicos publicados nesta web.

Por último, dende a dirección do Xograr queremos saudarvos e desexarvos que vos atopedes o mellor que esta situación vos permita. Como sabedes, o peche desta avaliación inclúe a valoración do traballo feito dende o día 8 de xaneiro ata o 13 de marzo, data na que se suspenderon as clases. A falta de realización de exames en moitas materias dificulta enormemente esta tarefa para o profesorado, polo que queremos transmitirvos que estas notas son só informativas e non teñen valor definitivo á hora de decidir a promoción ou titulación dos vosos fillos. Somos conscientes de que a maioría deles están traballando moito dende os seus fogares, con todas as dificultades engadidas que ten un ensino a distancia e as distintas dificultades de falta de equipos ou conexión axeitadas.

Os nosos mellores desexos de saúde

Axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos do Comedor Escolar como consecuencia do COVID-19

No DOG do luns 30 de marzo publícase a ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento

1. A que persoas vai dirixido?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

SEGUNDA AVALIACIÓN

Recibidas instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o centro procederá a rematar o proceso evaluativo correspondente ao segundo trimestre, polo que precisamos o seguinte:

  • O profesorado do centro está traballando na elaboración das cualificacións da segunda avaliación cos instrumentos de avaliación utilizados até o día 12 de marzo, data de suspensión da actividade lectiva presencial. Todo o alumnado do centro será avaliado en atención ás circunstancias extraordinarias que estamos a vivir.
  • É probable que unha gran parte do alumnado non realizara todas as probas de avaliación que estaban programadas para este trimestre polo que as cualificacións adaptaranse aos indicadores utilizados e recollidos nas programacións didácticas, o que implica que outros instrumentos de cualificación distintos ás probas escritas (entrega de traballos, traballo na aula, etc.) cobren maior peso na cualificación.
  • Os aspectos curriculares non impartidos, ou non avaliados, trasládanse á 3ª avaliación polo que as cualificacións numéricas desta avaliación referiranse exclusivamente ao efectivamente avaliado.

As cualificacións publicaranse o venres 3 de abril e serán notificadas a través do abalarMóbil e de TokappSchool, para o que deberedes ter instalado o aplicativo nalgún dos teléfonos comunicados previamente ao centro.

Se xurde algún problema poden contactar co centro no correo electrónico ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal ou chamar por teléfono de 10,00 a 13:00hs

Sobre o proceso de avaliación: 982870805 (xefatura de estudos) ou 982870808 (orientación)

Sobre abalarMóbil: 982870803 (secretaria)

Sobre TokappSchool: 982870804 (vicedirección)

Sobre as axudas aos usuarios de comedor: 982870802 (secretaría)

Outros asuntos: 982870801 (centralita)

 

Acordos da Conferencia Sectorial de Educación

O mércores 25 de marzo desenvolveuse unha reunión entre o Ministerio de Educación e as distintas Consellerías autonómicas. Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. 

Consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria ABAU se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Premer no enlace para consultar a información publicada no Portal da Consellería 

Departamento de orientación

O Departamento de Orientación irá publicando contidos de orientación académica na aula virtual de Orientación para a súa consulta. Irémosvos informando.

Asimesmo estará a disposición de toda a comunidade educativa para calquera consulta no e-mail: xograrorientacion@gmail.com

Támen podedes contactar vía telefónica no teléfono 982 870 808 en horario de 10:00 h.-13:00 h.

CORREOS ELECTRÓNICOS DO PROFESORADO

Aquí tedes un listado do profesorado do centro e o seu correo electrónico por se precisades consultar calquera dúbida con eles.

Lembrade que nas aulas virtuais e en E-Dixgal tamén tedes a posibilidade de comunicarvos cos profesores.

E-Dixgal e Aulas Virtuais

Como xa veriades nas mensaxes que vos enviamos a través de TokappSchool, moitas materias xa teñen indicacións e materiais de traballo para os vindeiros días. Será importante que todos os días as consultedes para ver as novas e que utilicedes os foros que están creados nas mesmas para resolver as dúbidas que se vos plantexen.

Lembrade:

  • 1º e 2º da ESO: cada materia dispón dun curso na plataforma E-Dixgal, accesible desde eva.edu.xunta.gal   Se tedes calquer problema co acceso tedes a vosa disposición o teléfono gratuíto 881 86 99 00 ou o correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es
  • Resto de cursos: cada materia dispón dun curso creado na Aula Virtual do centro. Accédese no enlace que atopades na parte superior dereita da páxina do centro ou na seguinte dirección: www.edu.xunta.gal/centros/iesxograrafonso/aulavirtual  A maioría das materias non precisan de usuario nin contrasinal para acceder (entrar como convidado), nas outras, xa o estabades usando actualmente.

Se non conseguides resolver as vosas dúbidas podedes enviarnos un correo a ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal ou chamar ao teléfono 982870801 entre as 10 e as 13,00hs.

 

Moito ánimo e saúde para todos/as!

Información ao alumnado

O profesorado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria está traballando na programación en E-Dixgal e Aula Virtual de actividades curriculares para que o seu alumnado as poida realizar e facer o seguimento. NON TERÁN CARÁCTER DE AVALIABLES.

 

Recomendacións:

 

Tentar manter o horario escolar na casa.

 

Para as materias que manexan habitualmente E-Dixgal e Aula Virtual, continuar traballando como é costume.

 

Para o resto de materias que non empregaban E-Dixgal e Aula Virtual:

 

1º e 2º ESO: o profesorado está habilitando materiais en E-Dixgal.

 

3º e 4º ESO, Bacharelato e Ciclo: o profesorado está habilitando materias en Aula Virtual.

 

 

Acceso ás aulas virtuais: na parte superior-dereita desta páxina

Acceso ás aulas E-Dixgal: eva.edu.xunta.es

 

 

Queremos trasladar ao alumnado que cursa 2º Bacharelato que contan co compromiso da totalidade do equipo docente. Estamos nas aulas virtuais e estamos á vosa disposición. Manter calma, traballar diariamente, contactar co profesorado e repasar. ÁNIMO

Comunicación co centro

Poderase comunicar co centro polos seguintes medios:

correo electrónico: ies.xograr.afonso@edu.xunta.es

teléfono: 982870801 (de 10,00hs a 13,00hs)

 

Peche ao público

O centro permanecerá pechado ao público mentres dure a declaración de "estado de alarma".

Lémbrase que dita declaración interrumpe os prazos dos procedementos administrativos polo que calquera documento que deba expedir o centro deberá esperar ao final de dita declaración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut