Skip to Content

Charla Informativa sobre Enfermidades de Transmisión Sexual

O venres, 10 de febreiro, as doutoras Eva Jacob, Beatriz Álvarez e Susy Osinaga, estiveron no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria dando unha charla preventiva sobre as enfermidades de transmisión sexual (ETS).

As facultativas do Centro de Saúde de Sarria instruíron ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre as distintas tipoloxías de enfermidades de transmisión sexual, a súa forma de contaxio, os seus efectos, e sobre todo a forma de previlas.

A OMS alerta do incremento dos riscos destas enfermidades que tamén afectan á sociedade galega. Durante dúas horas traballouse nesta problemática entablándose ao finalizar un fluído diálogo entre as ponentes e o alumnado. 

O centro agradécelles que compartiran os seus coñecementos e colaboraran na necesaria concienciación do alumnado ante os riscos das ETS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Primeira reunión do Club Lector "O Xograr Lector"

Unha quincena de persoas, entre alumnos e profesores, xuntáronse para traballar sobre o libro ” Todo o tempo do mundo” do escritor David Pérez Iglesias. Foi co gallo da primeira reunión do Club Lector do noso centro escolar no actual curso 2016-2017. Dita reunión tivo lugar na biblioteca e no salón de actos. Neste segundo lugar fíxose a videoconferencia co autor do libro, que non poido desprazarse a Sarria. Tedes diversas fotos que nos lembran como foi esta primeira xuntanza.

 

2ª FEIRA DE TROCO

As FEIRAS están fondamente arraigadas na tradición galega. Son, e sempre foron, lugar de encontro e intercambio

O TROCO é  un sistema de intercambio de bens onde o valor das cousas non o decide o seu prezo senón o seu valor de uso. Algo que para ti chegou a ser inútil, pode resultar interesante e servible para outra persoa!

A quen vai dirixido?

A ti : Para todos os niveis educativos (ESO, Bacharelato e Formación Profesional),  e para ti ( que traballas no IES)

Como participar?

É moi sinxelo! Pensa na cantidade de cousas que tes na casa en bo estado pero que xa non utilizas.  (libros, agasallos, material deportivo,  música, xogos)

Elixe 3 como máximo e achégate á aula 3 do edificio 1, onde recibirás un vale por cada unha delas. Ti mesmo elixirás outros tantas cousas entre as expostas na nosa Feira de  Troco.

Datas:

Entrega dos teus materiais : Entre o día 1 e 9 de decembro , na hora de lecer, na Aula 3 do Edificio 1. (primeiro andar do edificio vello)

Feira de Troco : o 19 e 2o de decembro na hora de lecer na sala de alumnos, anexa ao Salón de Actos.

 

Teatro en lingua francesa e actividades de simulación

Cincuenta e un alumnos de Francés segunda lingua estranxeira dos cursos 3º e 4º de ESO, así como de 1º de Bacharelato do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acompañados de tres profesores, participaron nunha actividade lingüístico-cultural,  proposta polo departamento de Francés. Desplazáronse a Lugo con este fin o pasado martes 29 de novembro, onde traballaron e pasaron unha divertida e compreta mañá nun día tipicamente outonal.

Escomezaron a xornada cunha actividade  baseada nunha sinxela lista de preguntas de temática moi variada sobre  Lugo e provincia, preguntas en lingua francesa que, unha vez traducidas, debían contestar coa axuda de viandantes, peóns, comerciantes, etc.

A segunda parte era a asistencia á representación teatral “Le Petit Prince”, adaptación da coñecidísima novela do escritor Antoine de Saint-Exupéry e pensada para un público da idade dos alumnos sarriaos. Unha obra teatral que se detía en todos os personaxes que configuran o texto do escritor nado en Lyon e que fai unha interesante reflexión sobre a vida e o ser humano.

Para rematar a completa matinal, proseguiron cunha actividade de simulación, que incluía tres itinerarios diferentes pola zona vella da vila das murallas. Distribuídos en dez grupos, contaban cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia. Así, os estudantes xograrinos tiñan que descubrir unha serie de pistas e poder responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares de

Acceso a fotos

25 N 2016

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria contra a violencia de xénero

 

Todos contra a violencia de xénero

Todas contra a violencia de xénero

Porque para erradicar calquera forma

de violencia, a solución reside na

educación.

 

 

 

PAZ EN CANADÁ

A principio deste curso, a nosa compañeira e vicedirectora, Paz Prieto, tivo a oportunidade de vivir unha fermosa experiencia en Canadá.

Deixámosvos aquí unha pequena presentación que resume a súa estancia.

 

Felicitación do Xograr a Xabier Quiroga polo premio á sua novela.

Os rapaces levan razón! E galardoan a IZAN O DA SACA  co  PREMIO SAN CLEMENTE de narrativa. PARABÉNS ao seu autor, XABIER QUIROGA !

 Máis de trinta rapaces pertencentes a distintos centros de ensino de Galicia, Inglaterra, Francia, Alemaña ou Moscova foron quen de recoñecer a valía dunha grande obra da literatura galega  publicada  na editorial Xerais.

 Izan o da saca é un verdadeiro xogo literario, dende o seu  palindrómico título ata a engaiolante historia  que percorre os espazos da Ribeira Sacra, onde se fabula co presente ,  se retrata o pasado e se recrea  a idiosincrasia galega.

Xabier Quiroga tivo a ben  agasallarnos coa súa presenza  esta fin de semana no Roteiro literario de Izan , xeira de actividade intensa,  onde os participantes tivemos ocasión de recoller as palabras de Xabier acompasadas polo  zoar do vento en Marce,  pescudar na fervenza de Augacaída  agardando a aparición das xacias , e enmeigarnos  nos camiños reviravoltos da Cova.  Soubemos de contos,  soubemos dos trafegos nas viñas,  e quixemos escoitar o canto dos peixes  ….

Soou o canto, as nosas voces baixaron pòlo Miño e espalláronse polos mares , as xacias  trouxeron o seu tesouro …..porque o merecías  Xabier! PARABÉNS DESDE O XOGRAR!

 

“ O  mestre proseguiu con voz melosa:

-Non te preocupes, un día iremos xuntos dando un paseo e verás o castro e outros lugares fermosos que hai río abaixo. Tamén río arriba, eh, porque onde nós vivimos está cheo de tesouros. Iso  si, hai que facer por velos”

                                                                                                              Izan o da saca, páx 99 

Novembro,. tebro, noitebro..

Os seres humanos sentimos medo ante un montón de situacións, algunhas reais e outras imaxinarias. Ante o medo , a cadaquén lle pasan cousas distintas: sentimos a necesidade de fuxir, de enfrontalo, de tapármolos ollos  e os oídos , de metérmonos baixo das sabas ou de buscar a alguén que nos protexa. Outro xeito de enfrontar os nosos medos é expresalos con palabras e imaxes. Quizais por iso, os homes e  mulleres contan lendas, escriben contos e novelas, filman películas e pintan cadros nos que o medo ten  o seu lugar.

 Unha morea de historias de terror suceden en  lugares que asociamos co medo, como un cemiterio ou un castelo escuro. Tamén soe facer frío, o que nos fai sentir máis fráxiles . E por suposto, transcorren na noite, cando os nosos ollos non distinguen ben as formas e a lúa nos envolve coa súa luz esmorecida.

SAMAÍN 2016 NO XOGRAR

O Samaín é unha festa asociada ao ciclo anual do sol que xa forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal. A recuperación da tradición involucra a varias escolas que promoven actividades que á súa vez son inseridas na promoción da candidatura a Patrimonio Inmaterial. (UNESCO)

En Sarria escoitamos UN DITO popular (*3) referente ao costume de baleirar cabazas e meterlles unha candea acendida dentro na noite de Difuntos, que di:
“DE DÍA ANDAN POLOS HORTOS E DE NOITE ESTÁN COS MORTOS”

Continuar lendo........

Visita á Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física e Castelo de Santa Cruz

Nada mellor que comezar un ano con bo pé, e para iso os alumnos de 1º de bacharelato visitaron a Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física, onde foron recibidos no Salón de Actos pola vicedecana  María Castillo, quen lles explicou  explicitamente o currículum destes estudos. Asemade  tivo a amabilidade de guiarnos polas  múltiples instalacións, e amosarnos  a pluridade de beneficios  que conleva a práctica continuada da actividade física, para finalmente agasallarnos coa impagable  visión que puidemos observar  desde o Torreón da Facultade

Completamos esta visita ao concello de Oleiros  achegándonos ao Castelo de Santa Cruz, onde da man dos educadores ambientais do CEIDA, puidemos descubrir o rico patrimonio natural e histórico agochado nesta illa.

Distribuir contido


by Dr. Radut