Skip to Content

Novembro,. tebro, noitebro..

Os seres humanos sentimos medo ante un montón de situacións, algunhas reais e outras imaxinarias. Ante o medo , a cadaquén lle pasan cousas distintas: sentimos a necesidade de fuxir, de enfrontalo, de tapármolos ollos  e os oídos , de metérmonos baixo das sabas ou de buscar a alguén que nos protexa. Outro xeito de enfrontar os nosos medos é expresalos con palabras e imaxes. Quizais por iso, os homes e  mulleres contan lendas, escriben contos e novelas, filman películas e pintan cadros nos que o medo ten  o seu lugar.

 Unha morea de historias de terror suceden en  lugares que asociamos co medo, como un cemiterio ou un castelo escuro. Tamén soe facer frío, o que nos fai sentir máis fráxiles . E por suposto, transcorren na noite, cando os nosos ollos non distinguen ben as formas e a lúa nos envolve coa súa luz esmorecida.

Ás veces, o medo métesenos polos oídos, como cando escoitamos o ouvear do can, o renxer das portas , as pegadas no chan... E aínda que nos dean medo, seguimos os ruídos porque queremos saber de que se trata. Algúns ruídos estarrécennos, como o da porta que se pecha de súpeto ou o berro que vén de lonxe.

De todos os  elementos que serven para construír  un relato de terror , as portas son , sen dúbida,  os máis  efectivos. As portas   sempre  son un reto para o home que se sitúa enfronte dela. Representa unha especie de prohibición cando está pechada e unha invitación cando está aberta. En ámbolos dous casos  o  home quere traspasar o seu umbral porque sente curiosidade, unha curiosidade que  lle é innata e  que é  a causa de todos os avances e progresos da humanidade. Tras dela  concebimos a existencia de mundo mellores , paraísos  descoñecidos que queremos ollar por ver se algo podemos aprender ...Pero  esas portas tamén supoñen perigos  e son eses perigos os que se magnifican na literatura de terror:  condúcennos  a  terrritorios descoñecidos, sobrenaturais ou mesmo cósmicos, pero tamén nos axudan a  anticipar  perigos axexantes nos espazos  cotiáns.

Novembro é o mes da literatura de terror no Xograr.  A exposición deste ano leva  o lema: ”Para pasalo de medo”. Comeza cunha mostra de  microrrrelatos (“Cortos de medo”) e continúa  coa invitación para retratarse nalgunhas das portas máis terroríficas  do cine clásico, portas que pretenden estimular a imaxinación dos nosos alumnos e  que  ambientarán  o noso mes   de novembro  xunto coa   reivindicación  do SAMAÍN  que  leva a cabo o Equipo de Dinamización lingüística.



page | by Dr. Radut