Nada mellor que comezar un ano con bo pé, e para iso os alumnos de 1º de bacharelato visitaron a Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física, onde foron recibidos no Salón de Actos pola vicedecana María Castillo, quen lles explicou explicitamente o currículum destes estudos. Asemade tivo a amabilidade de guiarnos polas múltiples instalacións, e amosarnos a pluridade de beneficios que conleva a práctica continuada da actividade física, para finalmente agasallarnos coa impagable visión que puidemos observar desde o Torreón da Facultade
Completamos esta visita ao concello de Oleiros achegándonos ao Castelo de Santa Cruz, onde da man dos educadores ambientais do CEIDA, puidemos descubrir o rico patrimonio natural e histórico agochado nesta illa.