Skip to Content

Inicio do curso

Xoves 15:

12:45 hs. - Presentación de todos os cursos nas aulas respectivas cos seus titores/as.

Os pais e nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao Centro que o desexen serán recibidos polo Director no Salón de Actos ás 13:00hs.

 

Haberá servizo de transporte e comedor escolar.

 

Venres 16:

Comezo das actividades lectivas e horario:

·         ESO e BAC

De Luns a Xoves: 8:40 a 14:30 hs.

Venres: 8:40 a 14:15 hs.

·         CICLO

Luns e Martes: 8:30 a 15:10 hs.

Mércores, Xoves e Venres: 8:30 a 14:45 hs.

SETEMBRO 2017

  • Entrega de notas de setembro: Luns, día 5 ás 17:00hs nas aulas respectivas.
  • Devolución dos libros adquiridos coas axudas da Xunta: Luns, día 5, xunto coa entrega de notas. En todo caso deberán ser devoltos antes do día 7 senón perderase o dereito ás axudas do curso 16/17.
  • Matrícula: o alumnado que non se matriculou en xuño-xullo deberá facelo os días 6, 7 e 9 de setembro de 8:30 a 14:30hs. Prégase que eviten as horas centrais da mañá para evitar colas.
  • Mercadiño de libros de 1º de BAC: 12 de setembro ás 17:00hs. (compra-venda de libros de texto entre alumnos entrantes e saíntes en 1º de BAC).
  • Fondo Solidario de Libros de Texto: o 15 de setembro publícase a lista definitiva  de admitidos e excluídos, cos libros adxudicados a cada alumno (1º e 3º da ESO).
  • Vales para a adquisición de libros de texto e material escolar: o alumnado que tiña exames de setembro poderá recollelos a partir do día 12 na conserxería do centro.
  • Comezo das clases: xoves, 15 de setembro, ás 12:50hs. Haberá servizo de transporte e comedor escolar.
  • Reunión informativa: Os pais cuxos fillos se incorporen por primeira vez ao centro (1ºESO e 1ºBAC) serán recibidos polo director no salón de actos ás 13:00hs.

Xa está no Xograr: Aquí e Agora 16

AeA 16 chegou  impresa en   dúas caixas de cartón, apenas medio metro de espazo e pouco menos de 10 Kg de peso. Que pouquiña cousa!,  pensaredes. Abofé que non!

Tras desa liviandade están trinta alumnos, que acoden  con presteza ás reunións  nos escasos minutos que teñen de lecer, entre clase e clase,  ao longo das semanas de todo o curso.

Tras desa brevidade agóchase unha escolma de intres previos , unha posta en común de ideas, de escollas, de seleccións feitas ao chou, ou  por sortes e resortes. Aí están fins de semana adicadas a adubar as pezas, a arranxar textos e formas;  aí están noites de reflexión e desacougos,  días  de preguiza e xornadas  de divagación ou clarividencia. Corre o tempo, cadaquén cociña o traballo de seu e cando  os desatinos  xa semellan correxidos chega o ensarillado maio, e xorden novos retos de milimetraxe no ordenador, de adaptación para a presentación , de arranxos  de imaxe  …de demoras e  dúbidas , e sobretodo de decisións: cómpre servir o prato.

Resultado final: velaí o tedes.

AeA 16,  produto de consumo rápido, de consumo inmediato endexamais perecedeiro, sen residuos prexudiciais e con nutrintes para todos nós:

  • Ofértase no noso propio local, o Xograr, e tamén en web www.revistaaquieagora.blogspot.com
  • Adáptase ao horario laboral e ao de lecer
  • Lese a modiño, a chimpos, ás carreiras, do limiar ao fin , de diante para tras ou de atrás para adiante…
  • Agasalla un menú equilibrado  ( ciencias, humanidades, deportes, música, opinión, enquisas,  pasa e repasatempos…..)

Alguén dá máis? Bo proveito !... Nós recuncaremos, seguro!

 

Equipo redacción AeA

 

O noso agradecemento ao Concello de Sarria por subvencionar a impresión da revista

Os nosos máis lectores

O ano pasado decidimos dende a biblioteca ter un pequeno agasallo ( un libro, unha libreta, unha mochila, un bloc, etc) cos alumnos e alumnas que levaron máis libros. Repetimos esta experienza no presente curso escolar, incluíndo para ilo o período comprendido entre o primeiro día de clase, é dicir o 15 de setembro, e o derradeiro día do mes de maio, considerando que en xuño hai que concentrarse máis en  estudiar propiamente dito para os derradeiros exames ( logo xa chega o verán para seguir lendo).

Desta volta resultaron recompensados un total de nove alumnos, que foron os seguintes ( a orde corresponde ao número de préstamos que levou cada un deles): Cristina Shan (2º ESO B), Tomás Cumbraos Díaz (1º ESO C), Paula Quiñoá Piñeiro (4º ESO B), Oriol Segalá Farrés (2º ESO B), Laura González Lemos (2º ESO A), Manuel Corujo Muíña (4º ESO B), Patricia Rodríguez Díaz (2º ESO A), Qun Xu (1º ESO B) e David Vila Lemos (1º Bacharelato A)

A todos eles a nosa máis garimosa noraboa. Parabens por ese amor pola lectura...que agardamos que se siga mantendo ao longo de toda a súa vida.

Terceira reunión do Club Lector "O Xograr Lector"

Xa coas cabezas pensando nos exames de xuño, os habituais do Club Lector do IES Xograr Afonso Gómez reuníronse por terceira vez no curso actual, desta volta á correspondente ao derradeiro trimestre do ano.

A obra escollida foi "Muerte a los coches" do escritor Blake Nelson. Para reflexionar sobre esta novela reuníronse un total de doce alumnos e seis docentes, que aproveitaron igualmente para aportar suxerencias lectoras ben dirixidas a este Clube Lector como a versíón "ON-LIne-Adultos".

Desta volta, a reunión tivo lugar no patio do instituto, convertido para a ocasión nun pequeno foro de discusión. E para ser consecuente co título do relato nos coches dos profesores colocáronse sendas esquelas funerarias indicado o R.I.P. do modelo ( Golf, 306, Altea, Xsara..)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Graduación do alumnado de bacharelato 2014-2016

O venres, día 27 de maio, celebrouse o acto de graduación dos alumnos de bacharelato da promoción 2014-2016 no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

O evento, moi concorrido por todos os membros da comunidade educativa, foi de gran emotividade. Nel, falaron un representante do alumnado, outro do profesorado, outro de nais e pais e por último o director do centro, que destacou que dez alumnos do Xograr poderán concorrer aos premios extraordinarios de bacharelato, ao acadar máis dun 8,75 de media na etapa. Lembrou tamén que a alumna deste centro, Carmela Cela, acadou o curso pasado a mellor nota de Galicia nestes premios, animando así aos presentes a seguir os seus pasos.

Unha fantástica actuación musical dos propios alumnos puxo o broche final a esta xornada.

 

Podedes ver as fotos da graduación aquí

Poema de despedida de Ana Belén Durán Pernas

Letras galegas 2016

 

MANUEL MARÍA  EN  ANAQUIÑOS

DE CORES : 

Versos escollidos  polos alumnos de 1º ESO enchen os taboleiros do IES de rechamantes cores para lembrarnos  ao poeta chairego neste mes de maio. Primavera de papel, palabras  que agroman e fan rexurdir a voz de Manuel María polos corredores do Xograr, ledicia dunha primavera que anuncia días radiantes, que conmemora  non so un Día das Letras Galegas, senon un post-it para todo o 2016.

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Correlingua 2016

Coma en anos anteriores, o EDL , en colaboración con distintos departamentos do IES Xograr, acudíu  cos alumnos de 1º e 2º ESO , o día 11 de maio, ao Correlingua 2016 en  Lugo. Nunha mañá espléndida de sol,  participamos nestes actos en prol da lingua galega, que se iniciaron ás 11 da mañá coa saída dende a Praza de Sta María, percorrido pola Muralla, ata a  volta á Praza onde disfrutamos coa actuación de Liviao de Marrao.

 

Excursión de 4º da ESO a Andalucía

 

Alumnos de 4º Eso realizaron unha viaxe lúdico-cultural a Andalucía entre o 24 e 29 de abril.

 

A primeira foto corresponde a unha primeira parada en Salamanca, onde aproveitamos para visitar O Horto de Calixto e Melibea,  escenario real na obra La Celestina.
 
 
 
 

Sevilla, Córdoba, Medina Azahara e Granada foron as visitas programadas nesta viaxe fin de curso, na que puideron coñecer o mosaico cultural árabe-cristiano, que conforma parte do noso legado histórico-artístico.

 

Días de lecer, días de ver, días de saber que perdurarán na súa lembranza.

 
 
 
 
 
 

Interesante e amena segunda sesión do clube de lectura

 Máis de vinte persoas, entre alumnos de ESO e Bacharelato, e profesores, reuníronse na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria para participar na segunda sesión do Club de Lectura no presente curso académico 2015-2016.

 Igual ca outras veces a presenza dun escritor ou escritora dinamizou a sesión. Desta volta foi o vigués Santiago Lopo, autor de coñecidas obras da literatura galega actual como “Game Over”, “ Hora zulú” ou “A diagonal dos tolos”. Neste caso a presencia do novelista foi para dialogar cos participantes nesta actividade cultural sobre a súa novela “Peaxes”.

 A obra, que conta as reflexións que fai sobre diversos aspectos da nosa vida un peaxista, é dicir quen cobra as peaxes nunha autoestrada, foi do agrado de todos os participantes, que atoparon resposta as súas preguntas nas verbas do propio escritor. Para a ocasión a biblioteca do instituto sarriano mudou a súa decoración, adaptándose un pouco a realidade da novela, estando ambientada como si dunha autoestrada con cabina de peaxe incluida fose.

Distribuir contido


by Dr. Radut