Skip to Content

Interesante e amena segunda sesión do clube de lectura

 Máis de vinte persoas, entre alumnos de ESO e Bacharelato, e profesores, reuníronse na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria para participar na segunda sesión do Club de Lectura no presente curso académico 2015-2016.

 Igual ca outras veces a presenza dun escritor ou escritora dinamizou a sesión. Desta volta foi o vigués Santiago Lopo, autor de coñecidas obras da literatura galega actual como “Game Over”, “ Hora zulú” ou “A diagonal dos tolos”. Neste caso a presencia do novelista foi para dialogar cos participantes nesta actividade cultural sobre a súa novela “Peaxes”.

 A obra, que conta as reflexións que fai sobre diversos aspectos da nosa vida un peaxista, é dicir quen cobra as peaxes nunha autoestrada, foi do agrado de todos os participantes, que atoparon resposta as súas preguntas nas verbas do propio escritor. Para a ocasión a biblioteca do instituto sarriano mudou a súa decoración, adaptándose un pouco a realidade da novela, estando ambientada como si dunha autoestrada con cabina de peaxe incluida fose.



page | by Dr. Radut