Skip to Content

Acordos da Conferencia Sectorial de Educación

O mércores 25 de marzo desenvolveuse unha reunión entre o Ministerio de Educación e as distintas Consellerías autonómicas. Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. 

Consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria ABAU se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Premer no enlace para consultar a información publicada no Portal da Consellería 



page | by Dr. Radut