Skip to Content

Axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos do Comedor Escolar como consecuencia do COVID-19

No DOG do luns 30 de marzo publícase a ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento

1. A que persoas vai dirixido?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

2. En que consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao
mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

3. Que axuda se vai a percibir?
(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total
(1,50 €) para o alumnado que paga 1€

4. Que días cubre esta axuda?
Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total 11 días lectivos.
Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total 3 días.
Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

5. Como se vai a pagar?
En dous pagamentos.
1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
2º pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

6. Como presentar a solicitude e que prazo hai?
Prazo: dende o martes día 31 de marzo ata o luns 6 de abril, ambos incluidos.
Presentación polas seguintes vías:
     1. Sede electrónica da Xunta de Galicia, cubrindo a solicitude correspondente https://sede.xunta.gal É necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.
     2. Centro educativo:

a)       Enviando un correo electrónico a ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal cos seguintes datos:
          Nome do solicitante (pai/nai....) e fotocopia ou foto do DNI
          Pagamento que realizaba: gratuidade total ou abono de 1€
          Nome do alumno/a indicando o seu curso e grupo
          Número de conta bancaria: IBAN e 20 díxitos

b)      Chamando ao 982870802 en horario de 11:00 a 13:00hs e comunicando os datos do apartado anterior.

7.Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
10. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
5 días dende que salga a resolución.



page | by Dr. Radut