Skip to Content

Taboleiro

Libros de texto e material - Curso 2022-2023

Libros de texto e material da ESO:

Libros de texto de Bacharelato:

 
MERCADIÑO DE LIBROS DE TEXTO DE BACHARELATO

 

 

·   Só para os libros que seguen vixentes: Matemáticas 1º de bacharelato, e
todos os de 2º de bacharelato.

o  
Deposito no centro dos libros para vender, ata o luns 18 de xullo.

o  
Compra de libros: mércores 20 de xullo entre as 9.30hs e as 12.30hs.

 

Matrícula e solicitudes de comedor

Calendario fin de curso 2º bacharelato - Convocatoria Extraordinaria

ENTREGA DE NOTAS: 22 de xuño ás 18.00hs. Tamén se entregará documentación para a solicitude do título e matrícula ABAU.

REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS: 23 de xuño de 10.00hs. a 13.00hs.  O alumnado e os seus titores legais poderá solicitar as aclaracións que precise sobre as cualificacións da avaliación extraordinaria.

RECLAMACIÓNS: 23 e 28 de xuño (ata as 14.00hs.). Se persiste o desacordo coa cualificación final ou coa decisión de titulación, o alumnado ou os seus titores legais poderán solicitar por escrito a revisión da cualificación e/ou a decisión de titulación.

RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS:  29 de xuño ás 13.30hs. na secretaría do centro.

RECLAMACIÓNS Á XEFATURA TERRITORIAL: Tras o proceso de revisión no centro, de persistir o desacordo, solicitude por escrito para que se eleve a reclamación á Xefatura Territorial. 30 de xuño e 1 de xuño na secretaría do centro (9.00 a 14.00hs)

 

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO E CICLO Promoción 2020-2022

Onte celebrouse un emotivo acto no que nos reunimos preto de 250 persoas para celebrar a graduación dunha fabulosa promoción de xograres. Dezaoito deles (un de cada tres) cunha nota media superior ao 8, 75 que lles permitirá presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato de Galicia. Salientamos pois a excelencia de:
Mª Jesús Rodríguez Vázquez, matrícula de honra do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
Laura López López, matrícula de honra de bacharelato
Silvia López Díaz, matrícula de honra de bacharelato
Vania Vázquez López, matrícula de honra de bacharelato
E con distinción aos mellores expedientes de bacharelato, por orde alfabética:
Estevo Aldea Arias - Iago Arias Felices – Héctor Corujo Muiña – Samuel García Díaz – Antía García Fernández – Uxía García Fernández – Martín García Valcárcel – Érika López Díaz – Paula López Pombo – María López Sánchez – Eva López Santiago – Miguel Soto Abella - María Gabriela Vázquez Cartagena – Ana Vizcaíno Losada
Por último, deixámosvos o album de fotos do acto no seguinte enlace. Avante Xograres!!!
 
 

 

Recomendación do uso da máscara

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia polacovid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.
Moitas grazas pola súa colaboración.

Cambio do horario dos venres

Ante a mellora da situación pandémica e a relaxación das medidas no conxunto da sociedade, este centro, no uso das súas competencias, acordou un cambio no horario lectivo dos venres. Dito cambio, que consideramos que favorece notablemente ao alumnado, consiste na supresión do dobre recreo dos venres polo que os cursos pares: 2ºESO, 4ºESO e 2ºBAC volven a ter o recreo entre a terceira e a cuarta hora lectiva, á mesma hora que os cursos impares. Deste xeito evítase que teñan catro sesións lectivas consecutivas e reducíndose a tres. Polo demais, non se produce ningún cambio nas horas de entrada e saída do centro.

Caderno de exercicios, Inglés 3º e 4º da ESO

Tal e como informabamos no documento onde se publicaron os libros de texto obrigatorios de 3º e 4º da ESO fixados para o curso 21/22, indicámoslles o procedemento de compra do caderno de exercicios de inglés.

A editorial Burlington Books habilitou un espazo específico para o noso centro do que lles deixamos o enlace. O caderno de exercicios é de formato dixital (non en papel) e con el, a editorial, regala a licenza dixital do libro de texto. O prezo é de 5,12€ e a súa compra pódese efectuar mediante o seguinte enlace:

 

Acceso a tenda online

IES Xograr Afonso Gómez

Exames de setembro 2021

Durante as probas extraordinarias de setembro, o alumnado só poderá acceder ao centro para a realización das mesmas sen poder permanecer nel máis tempo do necesario. Así mesmo, só poderá dirixirse á aula na que terá lugar a proba extraordinaria seguindo en todo momento as indicacións relativas aos espazos de entrada e saída.

Deberánse respectar as seguintes normas:

  • Uso obrigatorio da máscara de protección en todo o recinto escolar.
  • Hixiene de mans ao acceder ao centro e de xeito frecuente.
  • Manterase unha distancia de seguridade interpersoal (1.5ms.).
  • Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material con ningún dos seus compañeiros/as.
  • Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.
  • Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).

EXAMES:

  • Días 1 e 2: exames extraordinarios de ESO e 1º BAC. (Pica no enlace para ver os horarios).
  • Día 3: Entrega de notas e consellos orientadores (ESO), recollida dos libros de texto ás 17.00hs.
  • Día 6: De 10.00 a 13.00hs. atención ao alumnado e ás familias.
  • Días 6 e 7: De 9.00 a 14.00hs reclamacións ás cualificacións na secretaría por parte dos/das responsables legais do alumnado.
  • Día 9: Resolución das reclamacións ás 10.00hs. De continuar a disconformidade poderase solicitar que os expedientes de reclamación se remitan á Xefatura Territorial ata as 14.00hs. do día 10.

MATRÍCULA:

  • Días 6 e 7:  de 8.30 a 14.30hs.
  • Día 9: Mercadiño libros bacharelato; deposito no centro dos libros para vender, ata o martes 7 de setembro; compra de libros, o xoves 9 de setembro entre as 9.30 e as 12.30hs.

  • Día 10 e seguintes: Entrega de vales das axudas para compra de material.

INICIO DAS CLASES:

  • 15 de setembro, horario pendente de publicación.
  • Entrega de ordenadores (Edixgal 1º  e 4º da ESO, e novo alumnado no centro) e libros do fondo, unha vez comezadas as clases.

Admisión a Ciclos de Formación Profesional

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 25 de xuño ata o 5 de xullo ás 13.00hs.

Toda a información sobre solicitudes, prazos e listaxes se publica no portal de FP.

Estuda no noso centro o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. TRÍPTICO.

Distribuir contido


by Dr. Radut