Skip to Content

Cambio do horario dos venres

Ante a mellora da situación pandémica e a relaxación das medidas no conxunto da sociedade, este centro, no uso das súas competencias, acordou un cambio no horario lectivo dos venres. Dito cambio, que consideramos que favorece notablemente ao alumnado, consiste na supresión do dobre recreo dos venres polo que os cursos pares: 2ºESO, 4ºESO e 2ºBAC volven a ter o recreo entre a terceira e a cuarta hora lectiva, á mesma hora que os cursos impares. Deste xeito evítase que teñan catro sesións lectivas consecutivas e reducíndose a tres. Polo demais, non se produce ningún cambio nas horas de entrada e saída do centro.



page | by Dr. Radut