A LINGUA FRANCESA, EPICENTRO DUNHA ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

54 alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o  pasado venres 5 de maio.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, estudos, emigración, inmigración, sociais, culturais, formativas, etc. –aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas ocupacións laborais cotidiáns. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os rapaces e rapazas estudan no citado centro escolar, era a filosofía deste exercicio oral. Para ilo contouse coa colaboración de Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Supermercado O Chanto Covirán, J.Delbeau Productos Innovadores, Antiguos propietarios de Bar Camino Francés, Bar Cervecería 8 milímetros, Café Bar A Travesía dos Soños, Axencia Tee-Travel e Oficiña de Turismo de Sarria, que axudaron amable e gratuitamente nesta tarefa con finalidade pedagóxica e lingüística.

A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño por Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os albergues,  o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, aspectos que os estudantes  podían recoller en papel e lápis ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.

Unha serie de preguntas baseadas en `diversas informacións sobre Sarria, así como un posterior traballo en casa, sobre o vocabulario da vestimenta do peregrino e das partes da catedral, compuxeron a terceira parte desta actividade realizada nunhas datas do ano onde Sarria póblase de peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día moi interesante para poñer en práctica os coñecementos en lingua francesa aprendidos nas aulas.