ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA SOBRE O USO DO MÓBIL

Estimados país/nais:

 O progresivo aumento no uso de dispositivos electrónicos entre os membros da comunicade educativa está a ocasionar distorsións significativas na actividade educativa dos centros escolares.  O Decreto 8/2015 que desenvolve a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, establece no seu artigo 19.4 que as Normas de Organización e Funcionamento dos centros (NOF) deben recoller: “Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxi­ca."
 
Ademais das cuestións legais, o centro considera que as normas de utilización dos móbiles deben ser clarificadas e coñecidas pola comunidade educativa, polo que, o Claustro de Profesores e o Consello Escolar aprobaron actualizar as NOF do Centro nos seguintes termos:

Coas medidas  anteriores, que agardamos  compartades, tentamos adaptarnos aos tempos e evitar usos non axeitados destes dispositivos que poderían afectar á normal convivencia ou carrexar sancións non desexadas.