Skip to Content

EDLG

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Luísa Villalta

No IES Xoán Montes celebramos as Letras Galegas 2024 que este ano adícase á figura de Luísa Villalta!

Durante os recreos proxectamos este fantástico vídeo de homenaxe elaborado polo alumnado de 1ºESO coordinados pola profesora Ana Rico. O cartel que serve de portada foi elaborado polo alumno de 1ºESO Mario Vázquez.  

Vídeo homenaxe a Luísa Villalta elaborado por alumnado de 1ºESO

Noraboa a Lucía Ramil polo seu premio no XIV Concurso de marcapáxinas Letras Galegas

Queremos dar a noraboa a alumna Lucía Ramil de 2º BAC por gañar un accésit no 14º Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2024, organizado polo IES San Clemente. Como sabedes, este ano adícase á figura de Luísa Villalta e Lucía compuxo un fermoso marcapáxinas para a ocasión.

marcapáxinas

 

Correlingua 2024

Hoxe, 8 de maio, tivo lugar a celebración do Correlingua 2024.

O acto consistiu nunha andaina arredor da muralla, a lectura do manifesto para o fomento do galego e unha actuación musical.

Participou alumnado de distintos centros da provincia de Lugo e o IES Xoán Montes tivo unha participación importante ca presenza dos tres grupos de 1º da ESO, a lectura das alumnas Joana Vilaverde e Naya Abeledo e a obtención dun diploma pola colaboración na redacción do manifesto.

çcorrelingua

Correlingua 2024. Foto de Lorena Pardo

23 de Febreiro. Celebramos a Rosalía!

O día 23 de febreiro no IES Xoán Montes celebramos a Rosalía!

Contamos cunha fermosa actuación de dúas alumnas de 1º ESO que fixeron unha homenaxe á ilustre galega. Sara ao teclado e Joana no papel de Rosalía fixéronnos emocionar coa súa interpretación. 

Ademais, un grupo de alumnos de 3º e 4º interpretaron unha fermosa alborada ao comezo da actuación. 

Noraboa polo voso talento!

rosalia

Noraboa a Lucía Domínguez polo premio do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

A alumna Lucía Domínguez de 1ºBAC, vén de recibir un premio do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado polo Concello de Lugo. A entrega de premios tivo lugar este xoves 22 de febreiro no Vello Cárcere da nosa cidade. 

Podes ler a entrevista de Lucía aquí.

Noraboa por este recoñecemento!

Lucía recollendo o premio

 

Lucía recollendo o premio. Fotografía do Concello de Lugo.

BO ENTROIDO!

O IES Xoán Montes quere agradecer a todas as familias, alumnado e a toda a comunidade educativa a implicación e gran colaboración na organización do entroido. Foi un gran pracer disfrutar da diversa gastronomía de todas as nacionalidades que conforman este centro.

Bo entroido!

te

 

Té moruno. Foto de Marta Coria. CC BY-SA 

Un entroido de... CONTO!

Xa temos preparado todo para o entroido no IES Xoán Montes!

Este ano será un ENTROIDO DE CONTO, polo que a temática de disfraz do venres será personaxes de conto ou de ficción. Aquí tes algúns exemplos para inspirarte: Heidi, Pipi Calzaslargas, Pinocho, Hansel e Gretel, Peter Pan, Capitán Garfo, Sherlock Holmes, Robin Hood, O Principiño, Alicia, Harry Potter, Raiña de Corazóns, etc.

Estarán terminantemente prohibidos os complementos violentos ou perigosos (espadas, pistolas, etc), así como calquera disfraz que sexa discriminatorio, sexista ou groseiro.

Iremos arrancando motores ao longo da semana coa nosa versión do tracional Meco. Nesta ocasión, Copora manda! Para os que non o saibades, Copora é a castrexa protagonista do graffiti de Yoe33 que vén de gañar o título do terceiro mellor mural do mundo de 2023 e que está pretiño do noso instituto.

Cada día Copora mandará algunha cousiña que traer ao longo da semana. Para saber o que toca, segue as instrucións de cada día. (Non son acumulativos, trae soamente o que corresponde a cada día).

O venres, será o día máis festivo. Nas dúas últimas horas haberá un torneo de brilé e faremos un "percorrido doce" polos distintos lugares de procedencia do alumnado do centro. Non dubides en traer o teu postre típico!

copora manda

Cartaz de Entroido. Inés Iglesias. CC BY-SA

 

DAVID BECERRA GAÑA O CONCURSO DE POSTAIS DO IES SAN CLEMENTE

O alumno David Becerra de 2ºBAC vén de gañar o 1º premio do Concurso de felicitacións de aninovo que organiza o IES San Clamente (Santiago), premiado con 100€. A postal, ademais dunha coidada estética e fermosa composición, contén un importante desexo para o próximo ano "Ese ano 2024, Brindemos pola paz".

Noraboa por este fantástico premio, David!

postal David Becerra

Postal de aninovo gañadora do 1º prenio do concurso do IES San Clamente. David Becerra

 

Obradoiro "Desata a lingua"

O 17 de outubro levouse a cabo o obradoiro Desata a lingua co alumnado de 1ºESOA. A intención desta actividade é promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de dous puntos do manifesto en cada un deles.

O alumnado estivo acompañado pola escritora Ana Carreira para tentar analizar a situación da lingua galega partindo das súas percepcións e acompañándoas de datos reais. Este foi o punto de partida para analizar as diferentes maneiras de expoñer as ideas que queremos transmitir e a súa redacción. O resultado deste obradoiro formará parte do manifesto colectivo do Correlingua 2024 que se lerá en todas as festas e chegará a todos os centros de Galiza.

correlingua

Obradoiro "Desata a lingua". Fotografía de Adrián Laureda

DESPEDIMOS O 2022, ANO DO 50 ANIVERSARIO DO IES XOÁN MONTES

Dicimos adeus ao ano 2022 no que conmemoramos o 50 aniversario do noso instituto!

A semana pasada tivemos a ocasión de confraternizar con profesorado xubilado que "voltou ás aulas" por un día e intercambiou experiencias co alumnado sobre o centro. Ao finalizar a xornada no ximnasio desfrutamos dun vídeo dos primeiros anos do IES Xoán Montes para despois facer unha homenaxe á nosa compañeira Carmen Tizón.

video

Celebración 50 aniversario. Marta Coria. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut