Hoxe 15 de xaneiro puidemos desfrutar da exposición de Carlota López, vicedirectora da empresa Aresa.
Explicounos a importancia da empresa familiar en Galicia e os valores deste tipo de empresas así como da súa actividade, das compañías que compoñen o grupo Aresa, dos datos económicos, da súa estructura organizativa e do comezo e a traxectoria da empresa.
Tamén falounos dos valores da empresa e dos retos aos que se enfrontan.
O alumnado que asistiu foi de 4º da ESO das materias Economía e emprendemento e Formación e orientación persoal e profesional así como de 1º de bacharelato da materia Economía e de 2º de bacharelato da materia Empresa e deseño de modelos de negocio. Puideron relacionar moitos dos conceptios que vemos na aula e preguntar dúbidas así que resultou unha actividade complementaria moi enriquecedora.
Agradecemos que este curso puidésemos participar neste programa de tanto interese.
![](/centros/iesxoanmontes/system/files/u12/IMG_7072.jpeg)
Charla no salón do actos do multiusos da Xunta. Fotografía de Mª Beatriz López Soto