Skip to Content

MELLORES EXPEDIENTES ACADÉMICOS

Tres dos nosos alumnos: Santiago Pérez, Santiago Iglesias e Silvia Blanco foron distinguidos pola universidade de Santiago polo seu expediente académico.

Parabéns e moita sorte no camiño que iniciades.

100% APROBADOS NA ABAU

Un ano máis, e xa van uns cantos, o IES XOÁN MONTES acadou o 100% de aprobados na ABAU. É, sen dúbida, o resultado do esforzo dos alumnos, do bo facer dos profesores e do tan necesario  respaldo das familias. Parabéns para todos. 

INFORMACIÓN ALUMNOS FINAL CURSO 17/18

Consulta a información relativa a entrega notas, revisión de exames, etc.: 

1º BAC

ESO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Aqui pode consultarse toda a información para participar no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2018/19

Gañador da fase de zona da Olimpíada 2018

Parabéns para Marcos, un dos gañadores da fase de zona da Olimpiada deste ano. Agora esperamos que teñas moita sorte na fase final, que terá lugar o vindeiro 24 de maio no Círculo das Artes en Lugo.

Proceso de admisión alumnado curso 2019/2020

O día 1 de marzo comeza o prazo de admisión de alumnado para o curso 19/20 e rematará o dia 20 ás 14:00 horas

Para consultar toda a información relacionada pulsar aqui

O XOÁN MONTES GAÑA O CONCURSO INTERCENTROS

 

O equipo formado polas alumnas DINA DURÁN RODRÍGUEZ, PAULA QUIAO LEBÓN REAL e VALENTYNA MULYK gañou o primeiro premio na última edición do concurso INTERCENTROS, no que alumnos de 1º de Bacharelato de todos os institutos da cidade deben contestar preguntas de diferentes materias deste curso así como de actualidade.

Dina, Paula e Valentyna repetiron o éxito acadado o curso pasado polo equipo formado polo alumnos SANTIAGO IGLESIAS GÓMEZ, SANTIAGO PÉREZ ACUÑA e ANDREA MIRAGAYA , quenes tamén acadaran entón o primeiro premio. 

 

PRENDER A LUZ, PROXECTO PREMIADO NO CONCURSO TRABALLOS POR PROXECTOS

Un ano máis o traballo presentado ao certame TRABALLOS POR PROXECTOS, elaborado polos alumnos de 1º e 2º de ESO,  acadou o 1º premio.  Parabéns ao alumnado e ás profesoras coordinadoras, Anxos Vidal, Meri García e Mari Luz Paramio.

Convidámosvos a coñecer  proxecto PRENDER A LUZ.

 

MANUAL DAS FAMILIAS

Na sección Pais/nais, en Información para as familias, está o MANUAL DAS FAMILIAS, onde se pode consultar, entre outras cousas, como xustificar as faltas ou o horario de atención a pais de todo o profesorado. 

Normas de Organización e Funcionamento

AQUI PODEDES CONSULTAR  O N.O.F. DO CENTRO

Distribuir contido


by Dr. Radut