Skip to Content

Entradas para o partido C.D. Lugo - Sestao River

A Anpa do centro conseguiu unha serie de entradas para o partido C.D. Lugo - Sestao River do vindeiro domingo 24 de marzo ás 19:00 horas que pon a disposición da comunidade educativa do centro. Se queres conseguir a túa entrada responde o seguinte formulario. (Só para alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Xoán Montes de Lugo).

As familias que soliciten entradas deben facelo indicando os datos do alumno/a.

En caso de sobrar entradas poderase entregar ata 3 entradas por persoa para acompañantes, se así se solicitou no formulario de solicitude.

A asignación das entradas farase por orden de chegada. Deberanse recoller na Secretaría do centro o venres en horario de 9 - 12 h.

 

Visita ao Estadio Anxo Carro

Hoxe mércores 20 de marzo o alumnado da ESO do IES Xoán Montes visitou as instalacións do Estadio Anxo Carro onde tivo a ocasión de ver entrenar aos xogadores do CD Lugo. A rapazada foi recibida pola mascota Nabic e despois recibiron un poster asinado polos xogadores.

Para rematar a xornada houbo un sorteo de premios que fixo moita ilusión aos rapaces e rapazas do centro. Agradecemos moito a ANPA que nos facilitara a oportunidade de realizar esta actividade e poder coñecer máis de cerca aos xogadores do equipo. Forza Lugo!

lugo

Maikel recibindo a súa camiseta. Fotografía do CD. Lugo

Global Money Week do 18 ao 24 de marzo

A Global Money Week é unha campaña anual mundial de concienciación sobre a importancia de que os xoves adquiran unhas nocións financeiras desde pequenos e de que vaian desenvolvendo os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para tomar unhas decisións financeiras sólidas. Está organizada pola Rede Internacional de Educación Financeira da OCDE (OCDE/INFE), na que participa o Plan de Educación Financeira – Finanzas para todos (Banco de España, CNMV, y Ministerio de Economía, Comercio y Empresa).

Este ano celébrase baixo o lema Protexe o teu diñeiro, asegura o teu futuro (en inglés Protect your money, secure your future).

Esta semana, para participar nesta iniciativa, desenvolvimos o xoves 21 de marzo un obradoiro co mesmo lema co alumnado de Economía e emprendemento de 4º da ESO. En Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de 2º de bacharelato, en Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º da ESO e en Economía de 1º de bacharelato o venres 22 de marzo estivemos tamén avaliando e afondando na educación financeira.

E ti... protexes o teu diñeiro?

 

Becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25

Saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

Toda a información nos documentos adxuntos.

 

Remate obradoiros de comunicación asertiva para alumnado de 4° ESO

Esta semana rematamos os obradoiros con Maisqueteatro. Un ano máis o alumnado quedou moi satisfeito coas dinámicas de role playing e dramatización deseñadas para aprender a expresar a súa asertividade e comunicarse eficazmente.

comunicación

Obradoiro 4ºESO. Imaxe de Inés Iglesias. CC BY-SA

 

Visita ao MUNCYT na Coruña

O alumnado de 2ºESO visitou o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na cidade da Coruña nunha actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía. Ademais de coñecer o propio museo, tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de nanotecnoloxía. 

Na imaxe pódese ver o avión Boeing 747 Lope de Vega no que se trasladou o Guernica de Picasso de Nueva York a España no 1981.

muncyt

Boeing 747 no MUNCYT. CC BY-SA

Acreditación competencia dixital alumnado 4º ESO

A proba terá lugar o vindeiro 29 de maio ás 9 h e terá unha duración máxima de 90 minutos.

A resolución do 28 de Febreiro de 2024 dita instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado.

Véxase aquí as ligazóns a toda a  información.

Resumo con toda a información.

Resolución 28 de febreiro de 2024.

 Anexo IV

Competencias dixitais e Demo da proba

Venres de Educación cívico tributaria

Onte venres 1 de marzo, tivemos a oportunidade de desfrutar de varias charlas impartidas por técnicos da Axencia tributaria.

O alumnado de Formación e orientación persoal e profesional e de Economía e emprendemento de 4º da ESO, e de Economía de 1º de bacharelato, puido coñecer a importancia do pago de impostos para a obtención de bens e servicios públicos, así como dos principais tipos de impostos. 

Para afondar pódese entrar na páxina de Educación cívica tributaria da Axencia tributaria e, lendo as bases, participar no concurso nacional para centros escolares. Participa!

 

 

Obradoiro de reciclaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño

Un grupo de 9 profesores do IES Xoán Montes, está a realizar ao longo desta avaliación a actividade formativa "A reciclaxe e segunda vida dos recursos". Entre as actividades, participaron o xoves 22 de marzo nun obradoiro no Centro de Interpretación Terras do Miño xestionado pola Deputación de Lugo tal e como se pode ver na súa web.

 

roomba 

Elaboración dunha "Roomba" con materiais reutilizado

Científicos o pitonisos? Como a Economía axuda a predecir o futuro.

Hoxe 29 de febreiro, tivemos a oportunidade de desfrutar dunha das charlas do programa A Ponte, da USC, que ademais de dar a coñecer os estudos de Grado ofrece información sobre o contexto investigador, social, cultural e espacial desa universidade.

Acompañounos Roberto Bande Ramudo, decano da facultade de ADE en Lugo, quen expuxo ao  alumnado de Economía e emprendemento de 4º da ESO e de Economía de 1º de bacharelato, o traballo dos economistas, e como grazas á utilización de modelos, que son simplificacións da realidade, podemos facer predicións.

Grazas Roberto, por compartir connosco os teus coñecementos e experiencia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut