Skip to Content

Primeiro premio ao Mellor Spot de Publicíta-t

entrega de premios

 

Este ano convocouse, dende a plataforma de Play! 2010 Desafío para Novos Emprendedores (competición de simulación empresarial organizada pola Escuela de Negocios de Caixanova), a 2ª edición de Publicíta-t. Establecéranse dúas categorías para participar neste concurso, o premio ao mellor logotipo, nome comercial e anuncio en prensa (medios escritos) e o premio ao mellor spot publicitario (medios audiovisuais).

Do noso instituto participou o alumnado de 1º de bacharelato A e C da materia de Economía, e temos moito que celebrar. En primeiro lugar, que o equipo Economyplay acadou o premio ao mellor spot publicitario (tamén tiñan que presentar un slogan e un briefing).
Parabéns ao equipo formado por Alejandra Cambiazo de Pedro, Adriana Cano Vila, Vanesa Fernández Rodríguez y Alejandro Mata Alonso.
Recibiron cada un deles unha consola Wii.

Gustaríame felicitar ao resto do meu alumnado de 1º de bacharelato, a todos e todas, porque participastes con gran ilusión, aproveitando unha estupenda oportunidade de aprender de forma lúdica. E por suposto, tamén a todos os institutos participantes.



story | by Dr. Radut