Skip to Content

FELICIDADES AOS CREATIVOS, INNOVADORES E INVENTORES

 

Marci Segal, un deseñador publicitario de Toronto (Canadá), decidiu promover no ano 2001 o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, motivado por un artigo aparecido en prensa que criticaba a falta de ideas dos publicistas canadenses. Desde entón celébrase este Día Mundial cada 21 de abril, xunto coa Semana da Idea do 22 ao 25 de abril.

Elixiuse este día ao coincidir co nacemento dunha das mentes máis creativas da historia da humanidade, Leonardo da Vinci. Esta iniciativa conmemórase en diferentes cidades de varios países do mundo co obxectivo de organizar unha rede que colabore para unir esforzos en favor da creatividade. As persoas que participen na celebración deste día son alentadas a usar a súa creatividade para facer do mundo un lugar mellor e tamén para facer do seu lugar no mundo algo mellor.

 

Ademais, o 2009 é o Ano Europeo da creatividade e innovación cuxo lema é «Imaxinar. Crear. Innovar.» O obxectivo do Ano é promover as formulacións creativas e innovadoras en diferentes sectores da actividade humana e contribuír a que a Unión Europea estea mellor equipada para os desafíos futuros nun mundo globalizado. Un enlace interesante é:
http://www.eurocreator.com/es/
O Dr. Edward de Bono, experto en pensamento lateral, é un dos embaixadores para o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. No seguinte enlace poderemos ver un vídeo onde nos explica conceptos básicos referidos á creatividade:

http://actitudcreativa.es/blog/?p=64ç
Hai tamén outro interesante vídeo sobre Creatividade e Innovación:

 

E despois de tanta información imos ver que tal andades de creatividade e pensamento lateral...

Intenta unir estes nove puntos sen levantar o lapis do papel, co menor número de liñas posibles:

          Ver solución (despois de intentalo)                                     

 



page | by Dr. Radut