Skip to Content

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN EducaRed A Navegar

 

Ante o gran interese que está espertando o Certame na comunidade educativa, decidiuse ampliar o prazo de inscrición ata o 30 de abril e o prazo de entrega de traballos ata o 29 de maio. Ademais, ¡xa podes inscribir aos teus grupos! A 10ª edición do Certame EducaRed A Navegar vén cargada con interesantes novidades; novas modalidades de participación; novas ferramentas didácticas; espazo de traballo cooperativo, etc. O Certame EducaRed A Navegar, dirixido a docentes e alumnos de centros españois, consiste na realización de traballos multimedia relacionados co currículo escolar. Pica en http://www.educared.net/anavegar/ para ampliar información e ¡inscríbete! nesta apaixonante aventura.



story | by Dr. Radut