Ante o extraordinario interese do alumnado, esténdese o prazo de presentación de obras para o I English Literary Contest ata o día 20 de abril.
Podes entregar a túa obra en secretaría, de 9 a 14:30, ou a calquera hora na caixa do correo situada na porta principal do instituto.
Non o esquezas! O día 20 de abril logo chega... aproveita a fin de semana tamén para escribir!