Skip to Content

EUREKA!

 
Atreveriádesvos a propor unha idea orixinal que poida supor unha nova inflexión no desenvolvemento das sociedades? Axudariádesnos a atopar as 5 ideas que supuxeron un cambio radical na historia da humanidade?

Se é así xa podedes gritar EUREKA!

A Comisión Europea, consciente da importancia que a creatividade e a innovación teñen para o desenvolvemento social e económico de Europa, decidiu que 2009 sexa o "Ano da Creatividade e a Innovación".

A creatividade e a innovación científica son ferramentas que nos permiten coñecer e interpretar o mundo que nos rodea, impulsan o desenvolvemento humano e melloran a nosa calidade de vida.

Seguro que coñecedes personaxes como Pitágoras, Galileo, Einstein, Flemming, Marie Curie, Darwin, Hubble, Edison, Hawkins? Pero hai outros moitos investigadores e investigadoras sen cuxas ideas a nosa vida non sería como hoxe a entendemos.

Pero aínda non sabemos cales son as innovacións que, nun futuro próximo, cambiarán a nosa forma de ver o mundo. Por iso pedímosvos a vosa colaboración para:

1.Atopar a idea máis innovadora do Universo e
2.Establecer un ranking coas 5 ideas mellores da historia.

Pincha para informarte das BASES e o FORMULARIO DE SOLICITUDE 
ÁNIMO EMPRENDEDORES! O PRAZO REMATA O 6 DE MAIO


story | by Dr. Radut