Skip to Content

UN FENÓMENO CHAMADO INDITEX

 

A historia desta productora téxtil comezou coa actividade empresarial en fabricación de prendas de roupa de Amancio Ortega entre os anos 1963 e 1974. No ano 1975 abre a primeira tenda de Zara, e a súa boa adaptación permítelle expandirse polas pincipais cidades españolas, así como no ano 1988 a apertura da súa primeira tenda fora do territorio expañol, Oporto. A partir de entón, comeza a expandirse por todo o mundo e no ano 2000 abre a súa sede central no polígono de Arteixo (A Coruña).

O grupo Inditex conta cun total de 4.278 tendas en todo o mundo distribuídas en varias cadenas, estas son, Zara, Massimo Duti, Pull&Bear, Bershka ou Stradivarius, entre outras. Dispón de catro centros loxísticos na nosa xeografia, o primeiro abriuse na Coruña no polígono industrial de Arteixo, seguidamente inaugurouse un en Zaragoza e logo en Madrid e León.

 

 

 

No apartado económico,  o grupo pertence ao sector secundario e terciario simultáneamente, posto que transforma materias primas para logo distribuílas en forma de bens para todos os cidadáns do mundo. O seu titular e fundador foi e segue sendo na actualidade Amancio Ortega.Trátase dunha Sociedade Anónima, o seu capital social en Xaneiro de 2006 ascende a 93.499.560 € e está formado por 623.663.400 accións de 0,15 € de valor nominal cada unha, totalmente suscritas e desembolsadas, é de aquí de onde provén o capital da empresa para levar a cabo as súas actividades, e dicir, a súa fonte principal de financiamento. Destaca a forte xeración de caixa que permite ao grupo financiar o seu crecemento sen recurrir ao endeudamento.

Este ¨xigante da moda¨ comprométese a ofrecer a todos os seus clientes un alto estándar de excelencia, calidade e seguridad en todos os seus productos. Tocante ao apartado de produción, elaboración e distribución do produto, a empresa trata de localizar grandes superficies que lle permitan levar a cabo a súa actividade, un bo exemplo disto é o centro de distribución no polígono de Arteixo que conta cunha extensión de 500 km. cadrados divididos en varias plantas.

A crave do seu éxito é a singularidade do seu modelo de xestión baseado na innovación e a flexibilidade, así como tamén os seus exhaustivos estudos do mercado, que fixeron que a súa forma de entender a moda acabase permitindo unha rápida expansión internacional e unha excelente acollida social. Por isto, o Grupo Inditex converteuse nun dos maiores grupos de distribución de moda a nivel mundial. 

PRODUCIÓN

A elaboración de produto, tanto de neno como de adulto, empeza nun primeiro momento en deseño, no que os diseñadores fan un bosquexo e cosen un primeiro modelo, posteriormente terá que darse a aceptación de dito deseño, a información de tallaxe, e a compra de teas a proveedores en colaboración co traballo dos country managers, que están en continua comunicación coas tendencias actuais. Unha vez levado a cabo este proceso córtanse as pezas e cósense ata fabricar a prenda desexada, que despois se mandarán as respectivas tendas de todo o mundo tras pasar pola zona de embalaxe e distribución. Cabe mencionar a aportación nesta tarea de distribución das empresas de transportes Azkar e Air France-KLM que lles garantizan un transporte rápido e seguro, crave do seu gran éxito, pois este rápido movemento das prendas permite que non se presente unha gran cantidade de gastos en almacenaxe.

 

 

 

Ao mesmo tempo que se envían as prendas, tamén son enviadas as fotos dos escaparates, para que sexan colocadas da mesma maneira en cada unha das tendas, pois estas son a única fonte de publicidade que utiliza o Grupo Inditex, e a principal atracción para os clientes, por isto Indtex dedica un especial cuidado no seu deseño, cunha renovación frecuente que introduce novos elementos e modelos acordes coa oferta das tendas.

RECURSOS HUMANOS

O Grupo Inditex está formado por máis de 70.000 profesionais en todo o mundo. Destes, o 82,2 % son mulleres, e a outra parte restante homes, cunha media de idade de 26 anos. A súa cultura corporativa baséase no traballo en equipo, a comunicación aberta e un alto nivel de esixencia. Estes principios son a base do compromiso persoal cunha tarea enfocada na satisfación dos seus clientes.

Tamén intenta ofrecer aos seus empregados un entorno dinámico e internacional onde se valoren as súas ideas.

TECNOLOXÍA

Utilízase unha tecnoloxía moi avanzada, tanto no deseño, coa utilización dunha gran cantidade de programas para a elaboración dos primeiros modelos, como nos seus modernos sistemas de distribución. Unha perfecta mostra do seu elevado uso tecnolóxico é a utilización da tecnoloxía acustomagnética para protexer os seus produtos contra roubos, estas pequenas etiquetas, dificilmente manipulables, fan que esta tecnoloxía sexa idónea para protexer as prendas. 

RESPONSABILIDADE SOCIAL E IMPACTO MEDIOAMBIENTAL

A política medioambiental de Inditex céntrase no respecto ao entorno, para isto comprométense a cumprir a lexislación medioambiental e esfórzanse por non prexudicar o noso entorno. Levaron a cabo varios proxectos como o Inditex-ProKyoto, polo que se comprometeron a utilizar combustible biodiesel nos seus transportes, e vehículos eléctricos para o movemento dentro das plataformas loxísticas.

Para manter a paz social na empresa entre todos os seus compoñentes existe un código de conducta que todos os traballadores e directivos deben respectar, entre algúns dos puntos recollidos neste código de conducta están o non empleo de persoas por debaixo da idade legal, a non discriminación por motivos de raza, relixión ou calquera outro motivo dos seus compoñentes, ou a prohibición de calquera tipo de abuso. Ademáis, os seus traballadores reciben un salario acorde coa función que desempeñan e a empresa garantízalles  un lugar de traballo saudable e seguro. 

 

 

 

CURIOSIDADES

Unha das grandes curiosidades e a extensión dos seus centros loxísticos que no caso dunha das plantas de Arteixo chega a 500 km. cadrados, algo similar a 72 campos de fútbol. Noutras plantas como a de Zaragoza a súa extensión chega ata os 180 km. cadrados. 

Tamén que  todas as súas tendas teñen unha única estructura, deseño e decoración, poñen tamén a mesma música, que é en inglés.

Artigo realizado por Darío Fernández Abad a partir dos traballos do alumnado de 2º de Bacharelato C Traballos e artigo orientados, coordinados e corrixidos pola profesora e xefa do departamento de Economía Mª Beatriz López Soto

 

 



story | by Dr. Radut