Skip to Content

22 de marzo: Día Mundial da Auga

 

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da auga. Invitouse entón aos diferentes Estados a consagrar este día, no marco do contexto nacional, á celebración de actividades concretas como o fomento da conciencia pública a través da produción e difusión de documentais e a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios e exposicións relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos así como coa posta en práctica das recomendacións da Axenda 21.
O Día Mundial da auga 2009, que se celebra este ano o domingo 22 de marzo, fai énfase en cuestións relacionadas coas augas compartidas. Persoas de todo o mundo están invitadas a celebrar este día resaltando a importancia dos desafíos mundiais de compartir a auga e oportunidades.

Se nos informamos sobre como aforrar auga poderemos poñer o noso graniño de area... e as pequenas cousas son as que moven o mundo

Para saber máis:

http://www.intermonoxfam.org/es/page.asp?id=584

http://www.unesco.org/water/water_celebrations/index_es.shtml

http://www.canalsolidario.org/web/noticias/noticia/?id_noticia=8648

http://www.ocu.org/agua/


http://www.youtube.com/watch?v=9pCl8EHrnLc

http://www.youtube.com/watch?v=Aq0qPgCauEg

Para ver os libros recomendados por S.O.L. (Servizo de Orientación á Lectura) pincha AQUÍ



page | by Dr. Radut