Skip to Content

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

 

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

Desde esta organización considérase que o mundo contemporáneo ten necesidades, no terreo da estética, que a poesía pode cubrir a condición de que se recoñeza o seu papel social. Por este motivo, era necesario crear un día específico que servise para mostrar a importancia da poesía á opinión pública. O Día da Poesía é o marco no que se efectúan as accións para soster este xénero literario, valóranse os esforzos dos pequenos editores que intentan entrar no mercado e foméntase a lectura e o coñecemento da poesía.

No catálogo da biblioteca podedes consultar os libros de poesía que hai na biblioteca.

Libros recomendados por S.O.L. (Servizo de Orientación á Lectura) Preme AQUÍ

Tamén podedes investigar nestes enlaces

http://www.poesia-inter.net/

http://amediavoz.com/

E se queres escoitar a Serrat cantando "Se equivocó la Paloma" de Rafael Alberti e "Elegía" de Miguel Hernández pincha neses nomes.



story | by Dr. Radut