Convócase un concurso co obxecto de seleccionar unha insignia para a aula virtual do IES Xoán Montes.
A data límite de entrega será o venres 24 de xaneiro de 2021.
Consulta aquí as bases e os premios!
QUE É UNHA INSIGNIA?
É unha recompensa dixital para premiar o esforzo do alumnado por superar un reto ou un conxunto de actividades.
COMO PODO FACER UNHA INSIGNIA?
- Usa formas simples, esquemáticas e recoñecibles (xeométricas, siluetas, etc).
- Usa algún programa de ordenador ou aplicación para o teléfono ou tablet. Atoparás moitas gratuítas e de software libre (INKSCAPE, Scribus, SVGedit, SKEDIO, SODIPODI, Vector Art Studio, GIMP).
- Podes facelo tamén a man alzada e posteriormente dixitalizalo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Concurso_insignias.pdf | 342.31 KB |
CONCURSO DE INSIGNIAS.pdf | 51.53 KB |