Skip to Content

Irmandade coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana en Lugo (Italia)

Dende finais de xaneiro o IES Xoán Montes iniciou un bonito proxecto coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana situada na cidade homónima á nosa situada na rexión italiana de Emilia Romaña. No abeiro do programa e-Twinning, estableceuse o contacto entre o profesorado e alumnado dos dous centros e deseñáronse distintas propostas didácticas multidisciplinares.

Na prensa local de Ravenna fixéronse eco desta actividade, preme aquí para ler a noticia. (A noticia está en italiano, pódese ler aquí a tradución a galego).

 Ao longo deste curso o alumnado de 2º ESO produciu diferentes vídeos de presentación da cidade, destacando os aspectos históricos e xeográficos para intercambiar co alumnado "lughesi" e así comparar as características dos dous "Lugos". No proxecto o alumnado, levou a cabo en grupos cooperativos as distintas fases para a elaboración do vídeo. Na preprodución utilizaron diversas fontes para recabar a información (folletos da oficina de turismo, bibliografía da bilioteca, webgrafía, etc) e elaborar os guións. Na produción gravaron as distintas escenas na aula e no interior e exterior do instituto. Para amosar os distintos puntos da cidade utilizouse a técnica do croma que resultou moi motivadora para o alumnado.

A situación sanitaria non impediu que se seguira avanzando no traballo nos dous países, polo que no curso 2020-2021 seguiremos a dar novos pasiños neste fermoso camiño de irmandade que iniciamos este curso.



page | by Dr. Radut