Saltar navegación.
Inicio

Curso 2016-17

MIL GRAZAS A LUCÍA ÁLVAREZ, SAINZA, JAVI ESCORZA E BRUNO ROMÁN DE 4º DA ESO POR EMBELLECER O NOSO INSTITUTO.

Os alumnos de 4º da ESO Lucía, Saínza, Javi e Bruno de 4º da ESO dirixidos maxistralmente pola súa profesora Belén fixéronnos este magnífico agasallo para embellecer o salón de actos. MIL GRAZAS.

OBRADOIRO DE VIDEOCREACIÓN impartido por Laura García Calleja

Dende iniciativas emprendedoras en 4º da ESO realizamos este obradoiro de videocreación, impartido por Laura, e financiado pola asociación de nais e pais do noso instituto. A proposta foi traballar coas emocións (alegría, medo, tristeza, amor, sorpresa, vergoña, aversión...) e o resultado foi o seguinte. Tamén coñecimos artistas referentes internacionalmente coma Bill Viola. Que sorpresa cando chegamos a Florencia e atopamos unha mostra do seu traballo por todas partes!

Para ver o vídeo clica AQUÍ (estará dispoñible en breve)

O concelleiro de educación e a policía local de Nigrán entregan un diploma e un agasallo ao alumnado de 1º da ESO que participou na actividade de educación vial.

O Concelleiro de educación e a policía local de Nigrán entregaron aos alumnos e alumnas de 1º da ESO un agasallo e un diploma por cursar con aproveitamento o curso de educación vial.

A REVOLUCIÓN DAS LEITUGAS DA O SEU FROITO.

As leitugas plantadas polo alumnado de 1ºC-ESO na horta escolar están  dicindo lévame para casa e cómeme.

O ALUMNADO DE 4º DA ESO COÑECE OS RECURSOS DO CONCELLO RELACIONADOS COAS POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO

Susi, técnica de emprego do Concello de Nigrán explicoulles hoxe 6 de xuño ao alumnado de 4º da ESO todo o relacionado co departamento de desenvolvemento local  e coa enumeración das áreas de traballo máis salientables.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS PARA O ALUMNADO DE 3º DA ESO

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO tiveron hoxe luns día 29 de maio un obradoiro de Regueifas impartido por Luis O Caruncho e Pinto de Herbón.

OBRADOIRO DE MODELACIÓN E DEMOSTRACIÓN EN 3D IMPARTIDO POR PROFESORES DA ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA

Os profesores Alejandro López e Armando Fernandes da escola superior de Artes GALLAECIA de Vilanova de Cerveira (Portugal) estiveron toda unha mañá cos nosos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato impartindo un obradoiro de modelación e demostración 3D. Desde aquí queremos darlle as grazas polo seu interese e dedicación.

SAVE THE CHILDREN AGRADECE A PARTICIPACIÓN DO IES VAL MIÑOR NO MARCAPÁXINAS SOLIDARIO

Alumnos e alumnas de 1º  e 2º da ESO participou na campaña de Save the Children: marcapáxinas solidario. A recaudación ascendeu a 162,61 €.

DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN FIXÉRONSE ECO DAS NOSAS ACTIVIDADES

DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN LOCALES E DA COMUNIDADE AUTÓNOMA FIXÉRONSE ECO DAS NOSAS ACTIVIDADES: FARO DE VIGO, TVG, VAL MIÑOR TV.

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA DENTRO DO PROGRAMA TEI

Unha das actividades de convivencia que se realizou dentro do programa TEI foi unha comida nun parque forestal.

Distribuir contido