PAULA ALFARO ALEJOS, estudante da USC, FALANOS DO GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL

Paula Alfaro Alejos, estudante do grao en Educación Social na USC, explicoulle aos alumnos e alumnas de 1º e 4º da ESO en que consiste esta titulación, as saídas profesionais que ten e os  ámbitos onde desenvolven o seu labor. Por outra banda, tamén lles falou do seu traballo educativo cunha rapaza con síndrome de Down, centrado fundamentalmente na área de comunicación e na lectoescritura.

Powered by Drupal - Design by artinet