Saltar navegación.
Inicio

CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA 2014-2015 NO IES VAL MIÑOR

SENANA DA CIENCIA NOVEMBRO 2014-2015

Como todos os anos, a primeira semana de Novembro, no IES Val Miñor celebramos a semana da Ciencia cunha serie de actividades realizadas polos alumnos de Ciencias Naturais da ESO.

Trátase de pensar máis a fondo como traballa a ciencia e como buscar explicacións para fenémenos da vida cotiá ou as súas aplicacións en moitos dos artilixios e aparellos que empregamos todos os días.
Este ano, os alumnos de 1º da ESO construíron modelos do Sistema Solar , que foron expostos no patio do Instituto e explicados polos autores.
Os alumnos de 2º da ESO prepararon experimentos sobre distintas formas de enerxía, conversion e conservación da enerxía, que fixeron as delicias do resto da comunidade escolar.
Unha vez máis, o enxeño e a creatividade dos alumnos foi o gran atractivo da exhibición. Ademais, !a diversión estivo garantida!


 

Máis fotos da celebración