Saltar navegación.
Inicio

EN PATOS, COMA PATOS.

Os días 22 e 24 de setembro, realizouse unha actividade complementaria no centro, de achegamento ao surf. Un deporte, polo que moitos turistas acoden ao concello de Nigrán. Vivimos na costa, pero non de costas ao mar. O mar ofrécenos moitas posibilidades de ocio activo, e esta é unha delas. Temos unha instalación deportiva ao noso dispor, tódolos días do ano.

CLICANDO NA FOTO, TEREDES AO VOSO DISPOR, TÓDALAS IMAXES DESTA ACTIVIDADE.

O martes 22 achegáronse os monitores da Escola Prado surf, a darnos as nocións básicas, deste deporte, e saber se eramos "goofis" ou "regular", ademáis de facernos surfear sobre cemento. E o xoves 24, tras unha ruta de sendeirismo, a un ritmo de 5 km/h, chegamos á praia de Patos, onde disfrutamos dunha experiencia inesquecible. 

O día foi inmellorable, o tempo respectounos e acompañáronnos na actividade as alumnas do intercambio con Alemaña, que demostraron a súa destreza sobre as táboas. Moitas delas, adoitan facer snowboard, e cambiaron a neve de Friburgo, polo mar de Nigrán.

Coma sempre, o alumnado do que me sinto orgullosa, aproveitou a actividade ao 100%.