Saltar navegación.
Inicio

Curso 2022-23

TALLER EN 4º ESO SOBRE CONSUMO E SOSTIBILIDADE

O alumnado de 4º curso de Educación secundaria, recibiu un taller impartido pola cooperativa galega Alalá, sobre consumo e a relación coa sostibilidade.

Foron dous sesións cunha metodoloxía participativa e activa, coa finalidade de sensibilizar e concienciar, identificar as causas e as consecuencias, xerar reflexións críticas e apostar por pílulas de bos hábitos cara á terra. Abordáronse conceptos como reducir, decrecer, emerxencia ecosocial, e alternativas para un bo vivir.

Grazas Julieta e Cande.

CHARLA INFORMATIVA DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

O día 11 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán Varela, para informar do Grao en xestión de empresas hoteleiras, así coma das súas saídas profesionais . A actividade foi organizada polo departamento de Orientación .

Moitas grazas Òscar.

POSTAIS DE NADAL PARA A RESIDENCIA DE MAIORES DE CAMPOLONGO (PONTEVEDRA)

Noso alumnado de 2º de ESO respondeu á iniciativa da residencia de maiores de Campolongo, cunha choiva de agarimo en forma de preciosas cartas, mensaxes, e felicitacións.

Entrega de premios de microrrelatos, autoepitafios e cabazas

Entregamos diploma e unha merenda completiña e suculenta ós nosos premiados!

Parabéns rapacxs!

Actividades programadas para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero

O noso centro súmase como cada ano, a conmemorar o ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’ o 25 de novembro.

Entre as actividades programadas, unha delas foi a representacioń teatral “Golpes”, dirixida por Xosé Leis e interpretada pola actriz Estíbaliz Veiga. “Golpes” denuncia a violencia machista a través da voz de Pamela, unha muller que se namorou baixo os postulados do amor romántico e finalizou sendo vítima de violencia. Pamela recibiu moitos ‘Golpes’, pero o máis grande foi verse a si mesma transformada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase polo mesmo.

ACHADO O CHIFLO DO AFIADOR QUE RECOLLEU ADAM LOMAX NO ANO 52

O etnomusicólogo americano Alan Lomax recolleu sons da nosa musica popular no ano 52. Xaquín Lorenzo e Ferro Couselo guiarono ata Luintra onde quedou abraiado cos sons do chifro do afiador José María Rodríguez. Recolleu ata conco gravacións e amosoullas a outros músicos dos que seica foi inspiración. Algúns pensan que o trompetista Miles Davis no seu album “Sketches of Spain” recolle acordes que lembran os sons recollidos, en concreto, á "Alborada de Vigo" co chifro de José María.

A dixitalización do arquivo de Lomax permite escoitar eses cinco cortes e comprobar as semellanzas nas melodías de Davis.

CONSELLO DA INFANCIA E A XUVENTUDE DE UNICEF NO PARLAMENTO GALEGO

O noso alumno Martín Rey de 1º Bacharelato foi a semana pasada o voceiro representante do Consello da infancia e a xuventude de UNICEF de Nigrán no Parlamento galego. 

Aquí tedes o vídeo do pleno (minuto 24:51). CLICA

Distribuir contido