Saltar navegación.
Inicio

Curso 2022-23

CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DE OPINIÓN NAS REDES SOCIAIS

O día 15 de marzo grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Xosé Manuel Pacho Blanco, Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración, Doutor en Dereito, e avogado.

O obxectivo da charla foi achegar a cuestión da liberdade de expresión nas redes e en todos os formatos actuais. Analizouse se é posible publicar todo o que se pensa nas redes e se existen límites en relación cos delitos de odio e dos contidos discriminatorios. 

Moitas grazas Xosé Manuel.

CHARLA DIVULGATIVA SOBRE ADICCIÓNS CON E SEN SUBSTANCIA: causas, consecuencias e variables asociadas

O día 27 de febreiro grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e experto en condutas adictivas. O obxectivo da charla foi falar da problemática das drogas tradicionais, a aparición de novas drogas, e das adiccións sen substancia (ou comportamentais) coma pode ser o uso do móbil, internet, videoxogos e as redes sociais.

As condutas aditivas, a pesar de ser en certo xeito autolesións, provocan sentimentos de benestar nas persoas que as realizan. Isto débese á descompensación entre os sistemas de recompensa e os de control inhibitorio, encargados de xerar a sensación de pracer e inhibir a conduta, respectivamente. Na charla ilustráronse os mecanismos neurolóxicos, psicolóxicos e sociais que facilitan e manteñen a adicción, tanto química coma comportamental ou psicolóxica.

Moitas grazas Manuel.

ENTROIDO 2023

PARA VER O QUE AQUÍ ACONTECEU CLICA  

FOTOS

VÍDEO DAS ACTUACIÓNS

WHAT'S UP

O alumnado da ESO asistiu á obra de teatro interactivo en inglés What's up? No auditorio do concello de Nigrán. Parabéns aos que subiron ao escenario e nos fixeron rir e pasar un rato tan agradable.

Resultados do Concurso Odisea

Un ano máis, o Concurso Odisea estivo cheo de emoción e de preguntas desafiantes, sobre todo as do último día, que, ademais, se tiñan que responder no menor tempo posible. O esforzo dos nosos equipos foi tan épico que algúns participantes mesmo se puxeron máis encarnados ca o río Escamandro cando se enfrontou ao heroe Aquiles. Ao final, todos os equipos completaron esta particular odisea con moi bos resultados e, ademais, temos que anunciar que Las Apolonias, equipo formado por Lucía e Nadia, de 1º de bacharelato A, conseguiron meterse no desempate autonómico e acadaron a segunda posición!

Parabéns a todos os equipos, e grazas por amosardes ante toda a comunidade educativa que as clásicas no IES Val Miñor están moi vivas!

Concurso Odisea 2023

Por segundo ano consecutivo, o alumnado de clásicas do IES Val Miñor participa no concurso de cultura clásica Odisea, que nesta edición ten como tema central a auga na antiga Grecia e Roma. Moita sorte durante esta semana para os cinco equipos participantes. Que Atenea, Apolo e as Musas vos inspiren!

ODISEA

MAPA DE RECURSOS XUVENTUDE

Información (en arquivo adxunto) para a xuventude sobre os recursos que os distintos departamentos do Goberno autonómico poñen a disposición en ámbitos como: educación, formación e emprego, igualdade, mobilidade, vivenda, información Xuvenil, ocio educativo e tempo libre.

Máis información na Oficina virtual de Asesoramento e Orientación para a xuventude 

Distribuir contido