Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

EXCURSIÓN AOS XACEMENTOS DE ATAPUERCA E MUSEO DA EVOLUCIÓN EN BURGOS

Os días 3, 4 e 5 de decembro de 2014, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou por segundo ano a visita aos xacementos aqueolóxicos de Atapuerca e ao Museo da Evolución Humana en Burgos. Nesta ocasión participaron 16 alumnos e alumnas de bacharelato.

O primeiro día, visitamos a cidade de Burgos e coñecimos os seus principais monumentos e a súa historia mediate un divertido xogo de pistas.

CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA 2014-2015 NO IES VAL MIÑOR

SENANA DA CIENCIA NOVEMBRO 2014-2015

Como todos os anos, a primeira semana de Novembro, no IES Val Miñor celebramos a semana da Ciencia cunha serie de actividades realizadas polos alumnos de Ciencias Naturais da ESO.

UNHA VIAXE Á PREHISTORIA: XACEMENTO DE ATAPUERCA, MUSEO DA EVOLUCIÓN DE BURGOS E MUSEO DO XURÁXICO EN ASTURIAS

    atapuerca       

Visitamos as covas de  Valporquero , León, o complexo de Atapuerca, a cidade de Burgos co seu Museo da Evolución e o Museo do Xurásico de Asturias, incluídas as pegadas de dinosaurios.

Viaxe:

.  Valporquero e visita das covas. Visita a León

. Xacemento de Atapuerca e aldea prehístórica. Viista da Catedral e xogo de Pistas na cidade. Visita ao Museo da Evolución.

. Visita e talleres no Museo do Xuráxico de Asturias

 ENQUISA PARA AVALIAR A VIAXE NO pdf ADXUNTO  

  Información sobre o Xacemento de Atapuerca nas páxinas da FUNDACION ATAPUERCA: Enlace http://www.atapuerca.org/

Exercicios xenética 4 eso

Problemas de xenética resueltos da ficha 2

BREIXO ÁLVAREZ GAÑA DE NOVO O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE RELATOS " A CIENCIA QUE CONTA"

A ceremonia de entrega dos premios do 4º CONCURSO "A CIENCIA QUE CONTA" tivo lugar o sábado 3 de Decembro no Museo do Mar. Para oila en directo conecta coa páxina da organización http://cienciaqueconta.wordpress.com/

BREIXO ÁLVAREZ GAÑA DE NOVO O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE RELATOS " A CIENCIA QUE CONTA"

DOUS ALUMNOS DO IES VAL MIÑOR SELECCIONADOS NO CONCURSO DE RELATOS "A CIENCIA QUE CONTA"

De novo este ano dous alumnos do Instituto Lúa Álvarez e Breixo Álvarez resultaron seleccionados no Concurso de relatos sobre temas relacionados coa ciencia A Ciencia que Conta. Se queredes ver a ceremonia tivo lugar no Museo do Mar e foi retransmitida no programa EFERVESCIENCIA
En breve, o relato de Lúa, A GALAXIA DOS SONOS DE CORA, e o conto de Breixo, titulado SARA, serán publicados pola organización do concurso, pero avanzamos os textos nestas páxinas.

RECUPERACIÓN DAS ASIGNATURAS DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA PENDENTES DE ANOS ANTERIORES

Segundo o disposto na lexislación vixente e con arreglo ó establecido na programación de ciencias da natureza do Departamento de Ciencias deste IES, nos arquivos adxuntos se indíca: As actividades a realizar e as datas dos exames.

PROGRAMACIÓN

CURSO 2014-2015

Nos arquivos adxuntos pódense consultar a programación das distintas asignaturas deste Departamento para o presente curso e un resumo da mesma.

 

 

 

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2013-2014

  • Celebración do Día da Ciencia o 4 de Novembro. Baixo o lema A ciencia e os seus modelos,  construímos un modelo de ADN con materiais de reciclaxe, traballamos a resolución de problemas científicos curiosos e realizamos experiencias prácticas. 

  • Participación no Concurso auspiciado pola  Universidade de Vigo A Ciencia que Conta: Alumnos que escriben e contan os seus contos de Ciencia  

  • Saída ornitolóxica á Foz da Ramallosa: Celebración do día Mundial dos Humedais. Febreiro.

     

     

     

                                    
  • Visita á Depuradora de Nigrán. 

  • Estudo de campo dos ecosistemas intermareais.

  • Estudo e análise do lixo  mariño en Praia América.

  • Visita as covas de Valporquero en León, do xacemento de Atapuerca e o museo da Evolución de Burgos.

  • Actividades relacionadas cos residuduos e o desenvolvemento sostible. 

  • Routeiro ecolóxico e estudo dun ecosistema  de ribeira: alteracións do sistema no Río Muíños. 

  • BIOBOOK: catálogo on line das especies do contorno (catálogo de Biodiversidade) elaborado polo alumnos con fotos e fichas de información sobre os organismos e os ecosistemas do noso contorno.

  •                                                                                
  • Arquivo de Novas sobre Ciencia: os alumnos nos informan sobre descubrementos e novas de interese científico na aula virtual  NOVAS NA CIENCIA

 

 

 

 

 

 

 

FALANDO DE CIENCIA

DIA DA CIENCIA

Celebramos o día da Ciencia no IES Val Miñor cunha serie de actividades que permiten pensar máis a fondo como traballa a ciencia: a ciencia busca explicacións que poden ser constrastadas cos datos do momento, a ciencia establece modelos, a ciencia é crítica e muda os modelos cando ten novos datos, establece controversias, discute os resultados.....

Os alumnos do Ies Val Miñor de 3º ESO celebran o Día da Ciencia:

 

DNA reciclaxe

 

1) Construíndo un modelo da molécula de ADN a escala e con materiais de reciclaxe.

2) Resolvindo problemas prácticos: A corona do Rey Hierón.

3) Realizando experiencias: Ácido ou base? A lombarda ten a solución.

Distribuir contido