Saltar navegación.
Inicio

Curso 2015-16

SEMANA DA FROITA. O IES SUPERVITAMINAMÍZASE.

A semana do 22 ao 26 de febreiro, repartiuse froita nos recreos. A actividade foi organizada polo alumnado de 1º da ESO da asignatura "Estilo de vida saudable" e o de 4º da ESO de "Obradoiro de iniciativas emprendedoras", e as súas profesoras, acompañadas doutras moitas compañeiras que nos botaron unha man. 

CLICA NA IMAXE, PARA VER UN VÍDEO

SE QUERES ALGUNHA FOTO CLICA AQUÍ

Traballouse moito. Fixeronse zumes de laranxa e amorodo, de laranxa e kiwi, de laranxa, repartíronse mandarinas, plátanos, fíxose unha gran macedonia, ... e todos deron boa conta das froitas, SUPERVITAMINAMIZÁNDOSE.

Celebración do día internacional do Síndrome de Asperger no IES VAL MIÑOR

    O alumno de 1º de bacharelato, Iago Aballe presentounos o documental titulado: Asperger: unha síndrome descoñecida. Con él pretendía informarnos e achegarnos as realidades e as vivencias de todos os que padecen esta síndrome e as estratexias que podemos realizar para facerlle unha vida máis agradable.

Escola de Pais e Nais

O mércores 17 de Febreiro da comezo a Escola de Nais e Pais do Val Miñor

Unha escola de nais e pais é un tempo e un lugar de reflexión sobre como educamos aos nosos fillos e fillas e como nos relacionamos coas persoas que os educan. Falamos, sobre todo, dos nosos éxitos educando e tamén de aquilo que se necesita mellorar.

Chamámoslle “escola” por que esta actividade transcorre durante varios meses a razón dunha reunión por semana e o sitio escollido é un centro escolar.

CLASES SEN FUME NO IES VAL MIÑOR.

CLASES SEN FUME PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO. Estamos a desenvolver un programa de prevención do consumo do tabaco onde os alumnos e alumnas comprométense a non fumar alomenos seis meses. Este programa trata de reforzar a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza o premio como incentivo.

AGRICULTURA ECOLÓXICA NO IES VAL MIÑOR

Ricardo e Begoña, propietarios da empresa familiar Horta do Val, adicada ao cultivo e  elaboración de produtos respectuosos co medio ambiente visitáronnos para darnos unha serie de ideas e  suxestións sobre  como coidar o noso horto escolar.

AGRICULTURA RESPECTUOSA CO MEDIO AMBIENTE: VISITA DE RICARDO E BEGOÑA DE HORTA DO VAL

Ricardo e Begoña responsables da HORTA DO VAL explicáronlle aos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato como se traballa nunha agricultura respectuosa co medio ambiente-agricultura ecolóxica-. Despois de facer unha narrativa da posta en marcha do seu negocio déronnos unhas clases máis prácticas sobre os tipos de produtos de tempada  que se poden plantar nunha pequena horta escolar.

CHARLA SOBRE A CARREIRA DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

2-02-2016. O profesor de Marketing dixital da Escola de Negocios de Afundación ABanca, Gonzalo Garre explicoulles ao alumnado de 1º de bacharelato da modalidade de ciencias sociais o plan de estudos desta carreira, as saídas laborais e todo o que ten que ver co mundo da empresa.

FÍSICA RECREATIVA NO IES VAL MIÑOR

O profesor do departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo D. José Benito  Vázquez Dorrío impartiu neste primeiro día de febreiro unha charla-conferencia ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato matriculados na área de física. A través de divertidos experimentos foi ensinándonos que a física pode ser unha ciencia divertida, amena e non tan complicada. 

CHARLA SOBRE A SELECTIVIDADE E A MATRICULA NA UNIVERSIDADE PARA O ALUMNADO DE 2º DE BCTO.

Hoxe, venres día 22 de xaneiro, Alejandro do SIOPE da Universidade de Vigo falou do proceso de matrícula unha vez teñamos superadas ás probas de acceso á universidade e tamén das distintas accións que poden levar a cabo se están en desacordo coas notas de selectividade.

Lidiando cos novos encerados dixitais

A chegada de novos encerados dixitais co fin do trimestre pasado fai que haxa que aprender a lidiar con eles.

encerados

Distribuir contido