Saltar navegación.
Inicio

Curso 2019-20

LEMBRANZAS DA VIAXE A LEITARIEGOS CO ALUMNADO DE 2ºESO. DO LUNS 27 DE XANEIRO AO MÉRCORES 29.

Bonitos recordos e aprendizaxes, nestes tres días tan aproveitados. Días intensos para o alumnado de 2º da ESO. Se clicas na imaxe verás un vídeo con momentos inesquecibles, e AQUÍ  o album de fotos .

VIAXE A LEITARIEGOS 2019-20

Se clicades na imaxe atoparedes a información relativa á viaxe á neve deste curso escolar 2019-20

Exposición "Galicia, un relato no mundo".

Cincuenta alumnos de primeiro de bacharelato acompañados de tres profesores (Xurxo, Teresa e Ilda) visitaron o 16 de novembro no Gaiás a exposición "Galicia, un relato no mundo" que recolle obxectos relacionados coa nosa historia procedentes de diversas partes do mundo.

CHARLA DO IESIDE ("ESCOLA DE NEGOCIOS DE ABANCA") sobre o seu Grao de ADE.

O alumnado de matriculado en Economía en 1º de Bacharelato recibiu hoxe unha charla sobre o grao en ADE (administración e dirección de empresas) do IESIDE.

O IES VAL MIÑOR ÚNESE A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

O 3 de decembro celébrase o Día internacional das Persoas con Discapacidade. Por este motivo, o IES VAL MIÑOR únese a este colectivo co seu PARAGUAS de CORES que representa unha sociedade diversa, que acolle a todos os integrantes da sociedade de maneira igualitaria, sen diferenzas, cun mesmo desexo de convivencia.

25N no IES Val Miñor.

O 25 N desenvolvéronse de forma transversal actividades que visibilizaron a lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres. Entre elas estiveron as seguintes:

CIDADE E CIENCIA

O luns 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, unha das actividades que se levou a cabo no IES Val Miñor para o alumnado de 3º ESO foi un obradoiro sobre “As violencias sexuais entre a xuventude”, impartido por dúas investigadoras do CSIC que viaxaron ata Nigrán para concienciar aos e ás xoves das situacións sexistas que se dan ao seu arredor.

A través dunha clara exposición de ideas, de vídeos e da participación do alumnado deron conta de todas as violencias sexuais invisibles que se sitúan por debaixo da visible punta do iceberg: as violacións.

PERSOAS FACENDO HISTORIA. CHARLA SOBRE AS SAÍDAS LABORAIS DO GRAO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.

Begoña Garrido Labrador, profesora na facultade de Historia do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), impartiu unha interesante charla sobre as saídas profesionais da carreira de Xeografía e Historia. Begoña de xeito divertido, dinámico e ameno descubriulle cousas de vida universitaria e deste grao en particular ao alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en historia do mundo contemporáneo.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS - PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 18 de novembro disfrutamos dunha xornada diferente, preparada polo alumnado de 3º da ESO. O obxectivo era fomentar o vínculo entre os padriños e madriñas de 3º cos seus afillados de 1º, dentro do programa de convivencia, titoría entre iguais. A continuación podedes ver como se desenvolveu a actividade. 

MEDRANDO EN IGUALDADE: CHARLA FORMATIVA PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO.

Dentro do plan de igualdade do IES, hoxe os alumnos e alumnas de 2º de ESO tiveron unha charla formativa co título de "Medrando en Igualdade". María, da asociación Amigos de Galicia, foi a encargada de impartila.

Distribuir contido