Skip to Content

Novas

Punto laranxa contra o acoso escolar

Dende a data de hoxe está activado o Punto Laranxa virtual na parte esquerda de esta páxina web para denunciar os casos de acoso.

Probas CELGA 2024

Convocadas as probas para a obtención do Certificado de lingua galega (CELGA). A inscrición realizarase a través do formulario normalizado PL500C entre o 14/03/2024 e o 05/04/2024, ambos inclusive. Para máis información accede á convocatoria e o Portal da lingua galega.

Cartel 8M - Día Internacional da Muller

Cartel elaborado polo alumnado de Expresión Artística de 4º ESO no que tamén colaboraron alumnado de 1º BAC para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Período de inscrición probas de acceso a ciclos de grao medio 2024

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos. Para máis información preme aquí.

Vacacións Entroido 2024

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 12 ata o mércores 14 de febreiro de 2024, ámbolos dous incluídos

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición para o curso 2024/2025

O 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Para máis información sobre a reserva na ESO e BAC preme aquí e para coñecer todos os prazos da reserva, admisión, ... tanto na ESO como no BAC e a FP preme no seguinte enlace.

Convocatoria das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP 2024

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2024.

Prazos de inscrición:

ED312C - Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional: desde o 26/02/2024 ata o 08/03/2024.

ED312D - Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional: desde o 29/01/2024 ata o 09/02/2024.

Datas de realización:

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).

Acceso á ORDE do 21 de decembro de 2023 (DOG 08/01/24)

Vacacións de Nadal 23-24

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o venres 22 de decembro de 2023 ao venres 5 de xaneiro do 2024, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público, nos días laborables, será de 10:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Entrega notas 1ª avaliación 23/24

Este curso escolar as sesións de avaliación, son realizadas en dous periodos distintos, unhas, no mes de novembro e outras, antes das vacacións de Nadal, polo que a data de entrega de boletíns de notas, para ESO, 1º BAC, 2º CB, 2º CM e 2º CS será o xoves 21 de decembro a través do Abalar.

IV Certame de Relato Curto de Terror Samaín 2023

Con motivo da celebración do Samaín 2023, o IES Val do Asma –a través do Equipo de Dinamización de Lingua Galega e da Biblioteca do centro–, pon en marcha o IV Certame de Relato Curto de Terror. Para saber máis preme nas bases do certame.

Distribuir contido


by Dr. Radut