Skip to Content

Extraescolares

Ruta polo Courel

15/03/2023 08:45
15/03/2023 19:00

Dirixido a: Alumnado de 2º ESO
Lugar: O Courel
Organiza: Departamento de Educación Física

Viaxe a París

27/02/2023 07:00
05/03/2023 20:00

O alumnado que cursa a materia Francés, acompañado de 2 profesoras, realizará unha estancia na cidade de París para perfeccionar o idioma, dende o luns 27 de febreiro ata o domingo 5 de marzo de 2023. Acceso ao plan da viaxe.

Organiza: Departamento de Francés
Destinatarios/as: Alumnado de francés de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC

 

Mobilidades alumnado francés proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2

O IES Val do Asma recibiu durante o mes de outubro a visita do alumnado e profesorado acompañante dos centros LP Le Chatelier (Marsella) e LPO Lama-Prevot (Caiena), socios no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2 “Being a European pupil who discovers the professional world” (2020-2023)

Preme aquí para ver o resumo deste encontro internacional.

 

 

 

Viaxe Fin de curso a Lisboa

28/10/2022 08:45
02/11/2022 22:00

O alumnado de 1º BAC e 2º BAC disfrutará da viaxe fin de curso que, ao rematar 4º ESO, non puido realizarse (cursos 21-22 e 20-21) por mor da pandemia do COVID-19.

Acceso ás imaxes.

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural

27/05/2022 20:00
27/05/2022 21:00

Con motivo do remate da actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" realízase a entrega de retratos ás interesadas. Esta actividade consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou as entrevistas, o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou as entrevistas en persoa e a súa transcrición e o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que serán entregados no acto de hoxe.

Lugar: Espacio expositivo do Auditorio de Chantada
Grupos: 1º CB Mantemento de vehículos, 1ºCS Administración e finanzas e 1º BAC.
Organiza: Departamentos de Lingua Galega, FOL e Plástica.

Acto de gradación 2022

27/05/2022 18:30
27/05/2022 20:30

Con motivo da finalización do período lectivo de 2º BAC e 2º cursos de FP o IES Val do Asma celebra un acto de gradación ao que asistirán autoridades, familiares e amigos/as do alumnado.Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para rematar a xornada festiva, alumnado e profesorado acudirán a unha cea conxunta.

Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).
Grupos: 2º BAC, CM Electromecánica de vehículos, CS Desenvolvemento de aplicacións web (dual) e CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras destinadas ao alumnado de BAC

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo estará aberto dende o 1 de febreiro ata o 28 de febreiro. Para máis información:

Ruta O Courel

01/02/2022 08:45
01/02/2022 19:00

Alumnado realizará unha ruta duns 8 km polo Courel. a duración prevista da ruta será dunhas 4,5 horas.

Lugar: Serra de O Courel
Grupos: 3º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física

1ª sesión do Club de lectura para alumnado de 1º e 2º ESO

26/01/2022 11:15
26/01/2022 11:45

Lembramos que o libro elixido títulase Diario azul de Carlota. Hai exemplares na biblioteca. Tomaremos o primeiro contacto co libro o mércores día 26 no recreo.

Lugar: Biblioteca do IES Val do Asma
Grupos: 1º e 2º ESO
Organiza: BiblioAsma

VISITA Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

04/02/2020 08:45
04/02/2020 17:00

Saída co alumnado de 1º e 2º de bacharelato á Universidade de Santiago, dentro do Programa A Ponte entre a USC e o Ensino Medio. Visitarán diferentes facultades para recibir información sobre a oferta académica e o funcionamento da Universidade.

Lugar: Universidade de Santiado de Compostela

Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut