Skip to Content

Taboleiro

PROBAS LIBRES FP 2019

Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Prazo de solicitude de admisión:  15 ao 30 de abril de 2019 ata as 13:00 h.
Para máis información preme aquí.

FERROL - FRAGAS DO EUME

09/04/2019 08:30
10/04/2019 19:00

Visita organizada dentro do Proxecto Terra
Programa da actividade.


Lugar: Ferrol e Fragas do Eume
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Para ver máis fotografías da visita preme na imaxe.

PERIODO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS (FCT) 2018/2019

O periodo ordinario para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2018/2019 será:
C.B. Mantemento de vehículos: do 22 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 2 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.S. Administración e finanzas: do 4 de abril ao 14 de xuño de 2019, ambos incluídos.

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS 2

02/04/2019 09:35
02/04/2019 11:15

Organizado polo departamento de orientación, en colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

Lugar: IES Val do Asma.
Grupos: 1º e 2º FP básica (9:35 a 10:25).
Grupos: 3º ESO (10:25 a 11:15).
Organiza: Departamento de Orientación.

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR E DO CIBERACOSO

28/03/2019 11:45
28/03/2019 13:25

Impartido pola Garda Civil, no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2018/2019.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 2º ESO
Organiza: Departamento de Orientación

 

NOVAS TECNOLOXÍAS

28/03/2019 09:35
28/03/2019 11:15

Charla impartida pola Garda Civil, no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2018/2019.

Destinatarios:1º ESO

Lugar:IES Val do Asma

Organiza: Departamento de Orientación

CINE - EDUCACIÓN EN VALORES

27/03/2019 08:45
27/03/2019 14:15

Como actividade de fin de trimestre, o alumnado acudirá a ver unha película, de balde, coa que traballar valores educativos dentro dos Contratos programa de Mellora da convivencia.

Lugar: Multicines de Monforte de Lemos
Grupos: ESO e FP básica (tódolos cursos)
Organiza: Departamento de Orientación

 

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS 1

26/03/2019 09:35
26/03/2019 11:15

Organizado polo departamento de orientación, en colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

Lugar: IES Val do Asma.
Grupos: 1º e 2º FP básica (de 9:35 a 10:25).
Grupos: 3º ESO (10:25 a 11:15).
Organiza: Departamento de Orientación.

TEATRO GRECOLATINO

25/03/2019 10:00
25/03/2019 19:00

Alumnado de ESO e BAC asisitirá as obras Cestita de Plauto e Edipo Rey de Sófocles.

Lugar: Ourense.
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC (de Latín).
Organiza: Departamento de Latín.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.

 

 

MENÚ ESCOLAR PRIMAVERA 2019

A nova empresa concesionaria do comedor utiliza unha plantilla de 20 menús diferentes que rota ao longo de 20 días lectivos. Para coñercer o menú dun determinado día deberemos localizar o número do menú que lle corresponde a esa data nun primeiro listado. Unha vez localizado o número poderemos ver neste segundo listado cal que o menú que se vai servir ese día.

Exemplo: Unha vez consultados os dous listados, vemos que ao día 22/03/19 lle corresponde o menú nº 2, que se compón de: Ensalada de tomate, leituga, cebola, queixo fresco e olivas, Polo ao forno con arroz e verduras e Froita enteira.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut