Skip to Content

Taboleiro

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2018/19

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Prazo de presentación de solicitudes: do día 6 de xuño de 2019 ata o día 5 de xullo de 2019.

Para mais información preme aquí.

AXUDAS FCT OU FP DUAL

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT) ou FP dual.

Períodos de presentación de solicitudes:  

  • O primeiro prazo,entre o 22 de maio e o 21 de xuño de 2019 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019.

Para mais información, preme aquí.

REMATE PRAZO FONDOLIBROS

21/06/2019 09:30
21/06/2019 13:00

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

Con data 20 de maio de 2019 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2019/2020.

Prazo de presentación único: do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019

Recórdase que ao rematar o curso 2018/19, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para máis información acceda á circular do IES Val do Asma e na convocatoria

ETIQUETADO XERAL - CONSUMÓPOLIS

22/05/2019 11:45
22/05/2019 12:35

Alumnado de ESO participará nunha charla sobre Etiquetado xeral impartida pola Escola Galega de Consumo dentro do Programa Cores (Plan Proxecta - Consumópolis).
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Historia.

LINGUAXE PUBLICITARIA - CONSUMÓPOLIS

22/05/2019 10:25
22/05/2019 11:15

Alumnado de ESO participará nunha charla sobre Linguaxe Publicitaria impartida pola Escola Galega de Consumo dentro do Programa Cores (Plan Proxecta - Consumópolis).
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 1º e 2º ESO
Organiza: Departamento de Historia.

OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL

21/05/2019 10:25
21/05/2019 13:25

Alumnado de ESO participará nun obradorio en dúas sesións diferentes de titoría, a segunda delas o día 21 de maio, no seguinte horario: 3º ESO de 10:25 a 11:15 e 4º ESO de 12:35 a 13:25h. O obradoiro será impartido polo Centro de Prevención de Drogas de Monforte de Lemos.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientación.

 

DÍA NON LECTIVO

20/05/2019

O luns 20 de maio de 2018 non haberá clase por ser día non lectivo, elixido e aprobado polos órganos de goberno do instituto, en base ó establecido no calendario escolar.

FROITA NA ESCOLA 2019

21/05/2019 11:15
21/05/2019 11:45

Dende o luns 6 de maio de 2019 e durante 10 días lectivos consecutivos, distribuirase froita (amorodo, cereixa, froitos vermellos- arándano, nectarina e plátano) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Destinatarios: Alumnado de ESO.

FROITA NA ESCOLA 2019

13/05/2019 11:15
16/05/2019 11:45

Dende o luns 6 de maio de 2019 e durante 10 días lectivos consecutivos, distribuirase froita (amorodo, cereixa, froitos vermellos- arándano, nectarina e plátano) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Destinatarios: Alumnado de ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut