Skip to Content

Taboleiro

REFÓRZA-T E PREMAT 2020

Na semana do 20 ao 24 de xaneiro darán comezo os contratos programa REFÓRZA-T e PREMAT destinados reforzar e mellorar as destrezas do noso alumnado e as competencias clave.

Trátase dun plan dirixido aos alumnos e alumnas da ESO que se desenvolverá até o 15 de xuño no noso centro en horario de mañá como medida de atención á diversidade dos grupos e de tarde en grupos reducidos.

O REFÓRZA-T (dirixido a alumnado de 1º e 2º da ESO) desenvolverase na aula de 1º da ESO co seguinte horario:

  • 1º da ESO: martes e xoves de 15:05 a 16:45
  •  2º da ESO: mércores e venres de 15:05 a 16:45

O PREMAT (dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO) desenvolverase na aula de apoio co seguinte horario:

  • 3º da ESO: martes e xoves de 15:05 a 16:45
  • 4º da ESO: mércores e venres de 15:05 a 16:45

As profesoras titulares cubrirán un rexistro de punCtualidade e asistencia do alumnado inscrito que enviarán de xeito periódico ao Departamento de Orientación e á Xefatura de Estudos polo que as ausencias deben estar xustificadas polos responsábeis documentalmente.

Do mesmo xeito levarase a cabo un seguimento pedagóxico do noso alumnado por parte do Departamento de Orientación coa fin de valorar as súas necesidades, dificultades e melloras que será comunicado aos seus titores legais ou pais de xeito cíclico.

VISITA A LUGO

16/01/2020 10:10
16/01/2020 14:15
Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita a Lugo para realizar diferentes actividades:
1 - Visualización do film "O que arde"
Destinatarios: 1º e 2º de Bacharelato
Organiza: Departamento de galego
2 - Visita do cárcere franquista
Destinatarios: 1º e 2º de FPB
Organiza: Departamento de xeografía e historia

INICIO DO REFÓRZA- T (2ºESO) E PREMAT (4º ESO)

22/01/2020

Inicio dos Contratos-programa


REFÓRZA-T para alumnado de 2º ESO

PREMAT para alumnado de 4º ESO

CON-VIVE - OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS A TRAVÉS DO TREATRO (I)

16/01/2020 09:35
16/01/2020 13:25

Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:

3º ESO e PMAR de 9:35 a 11:15
2º ESO de 11:45 a 13:25

Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

INICIO DO REFÓRZA- T (1ºESO) E PREMAT (3º ESO)

21/01/2020

Inicio dos Contratos-programa

REFÓRZA-T para alumnado de 1º ESO

PREMAT para alumnado de 3º ESO

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

20/01/2020 08:45
20/01/2020 16:45

Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita á Santiago de Compostela para coñecer a Catedral, visitar o Pórtico da Gloria e facer unha pequena xincana polo casco vello.

Lugar: Santiago de Compostela

Destinatarios : Alumnado de 1º e 2º da ESO e alumnado de 1º e 2º de FPB.

Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

REUNIÓN DE PAIS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO

14/01/2020 16:00
14/01/2020 17:00

O vindeiro martes 14/01/2020 realizarase unha reunión para os pais/nais/titores legais do alumnado de 4º da ESO, que versará sobre a excursión de fin de curso.

Data/Hora: 14/01/2020 ás 16:00

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

 

CONTRATOS-PROGRAMA 2019/2020

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder ao IES Val do Asma as seguintes modalidades dos contratos-programa para o curso 19/20:

1. REFÓRZA-T. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo. 

2a. Mellora da Competencia Matemática.

2c. Mellora das Competencias Básicas en Ciencia e Tecnoloxía.

3. IGUÁLA-T.

4. CON-VIVE.

5. INCLÚE-T.

7. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

9a. PREMAT.

CON-VIVE - OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS A TRAVÉS DO TREATRO (IV)

31/03/2020 09:35
31/03/2020 13:25

Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:

3º ESO e PMAR de 9:35 a 11:15
2º ESO de 11:45 a 13:25

Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

VACACIÓNS DE NADAL 19-20

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o luns 23 de decembro de 2019 ao martes 7 de xaneiro do 2020, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Distribuir contido


by Dr. Radut